O calendario do alcalde

Cee, 22 de decembro. Tres días despois da aprobación do presuposto, o goberno local dá unha mostra de despilfarro de cartos públicos, coa entrega duns calendarios que non son máis que mera propaganda política. Mesmo as cores do calendario son as do partido do alcalde, que tamén é a única persoa que aparece con nomes e apelidos no mesmo, nunha nova mostra de egocentrismo.

Dende o BNG de Cee pensamos que hai infinidade de cousas máis productivas onde invertir o diñeiro público, que por outra banda, van recadar vendendo os solares, vivendas sociais e masas comúns de todos os lugares de Cee. En fin, de todo o patrimonio dos ceenses.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]