Nepotismo

A competencia de exercer como xefe de persoal do concello recae no alcalde, así como a responsabilidade de aprobar as bases das probas para a selección de persoal ou a oferta de emprego público municipal.

Quén máis incumpre o horario do concello é o propio Ramón Vigo e o seu persoal de confianza, que raramente aparecen polo concello antes das dez e media da mañá e abandonan o mesmo ás dúas da tardeUnha das poucas ideas que tivo o alcalde para mellorar a productividade dos traballadores municipais foi a de instalar un sistema de control dactilar nas dependencias municipais. As máquinas están aí, pero nunca chegaron a utilizarse, quizais porque quén máis incumpre este horario é o propio Ramón Vigo e o seu persoal de confianza, que raramente aparecen polo concello antes das dez e media da mañá e abandonan o mesmo ás dúas da tarde.

A política de persoal que practicou durante o actual mandato municipal o alcalde de Cee, coa connivencia do PSOE, só pode ser cualificada de nepotismo[i]. O goberno municipal privilexiou nas contratacións a persoas moi achegadas ás familias políticas socialista e independente.

Os procesos de selección de persoal caracterizáronse por favorecer ás persoas máis achegadas ao equipo de goberno, tanto nos procesos de promoción interna coma nos procedementos abertosCando alguén puxo en cuestión a xestión de Ramón Vigo, tivo que abandonar o goberno, como o nº 2 do PSOE, Jesús Garea, ou a nº 3 dos independentes, Belén Pequeño. Esta última non sin antes acusar ao alcalde de trato de favor a certas persoas na xestión das multas de tráfico. Neste senso, todo Cee sabe por qué unha axente da policia municipal foi apartada do traballo na rúa.

Os procesos de selección de persoal caracterizáronse por favorecer ás persoas máis achegadas ao equipo de goberno, tanto nos procesos de promoción interna coma nos procedementos abertos. As bases de selección de persoal adáptanse descaradamente para favorecer a persoas cercanas ao partido do alcalde ou ao PSOE, sen ter en conta a maior experiencia profesional ou a cualificación específica para o posto. En canto aos tribunais de seleción, repíten constantemente as mesmas persoas.

Os encargados do funcionamento dos distintos servizos municipais (limpeza, obras,…) non son as persoas máis cualificadas, senón aqueles que destacan por favorecer os intereses políticos do alcaldeOs encargados do funcionamento dos distintos servizos municipais (limpeza, obras,…) non son as persoas máis cualificadas, senón aqueles que destacan por favorecer os intereses políticos do alcalde.

Mención aparte merece a elección de xuiz de paz, que se leva a cabo mediante votación directa dos membros da corporación. PSOE e IxCee apoiaron a candidatura da muller do secretario local do PSOE, sabendo que a persoa que ocupaba ese cargo ata entón estaba moito máis cualificada para o desempeño do posto. Unha elección que é legal, pero que amosa ás claras a falta de ética e a concepción patrimonial do poder de independentes e socialistas.

O último capítulo foi o da contratación do GRUMIR. A intervención e a secretaría informaron negativamente o proceso levado a cabo polo goberno, porque conculcaba os principios básicos de contratación das administracións públicas: igualdad, publicidade, mérito e capacidade. O alcalde acusounos de deixar a oito persoas sen traballo, cando o que fixemos foi velar polo dereito de todas as persoas a acceder ao emprego público. O BNG de Cee aposta pola transparecia e a igualdade de oportunidades frente ao caciquismo de independentes e socialistas.

 

Nepotismo é a preferencia que teñen algúns funcionarios ou empregados públicos para dar empregos públicos a familiares, con independencia da competencia dos mesmos para a súa labor, senón a súa lealdade ou alianza. Segundo Manuel Ossorio " Preferencia indebida que algúns dan aos seus familiares para conceder favores ou emprego público" [1] Nospaíses en que se practica a meritocracia o seu uso é normalmente considerado negativo e corrupción.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]