O concello precisa que se abran as ventás e entre aire fresco
Os últimos catro anos caracterizáronse en Cee pola política caciquil e clientelista do alcalde e o goberno municipal, practicada cunha total arrogancia, prepotencia e falta de transparencia. A pesar de contar coa maior inversión pública da historia recente (que o alcalde cifrou en 10 millóns de euros), a falta de planificación impediu poñer as bases para o desenvolvemento futuro do concello.
O BNG de Cee é o único grupo que denunciou o caciquismo e os abusos de poder do goberno de Vigo e AmanciaO goberno preocupouse máis do aparente que do realmente importante e non foi capaz de afrontar as cuestións realmente vitais para o desenvolvemento do concello, como a ordenación urbanística, a posta en funcionamento do polígono industrial ou o saneamento dos ríos do concello e as rías de Cee e Lires. Comportáronse como unha empresa promotora, máis preocupada pola realización masiva de obras que polos problemas da cidadanía de Cee.
Daniel Oca
O BNG de Cee é o único grupo que denunciou o caciquismo e os abusos de poder do goberno de Vigo e Amancia (venta do patrimonio, despilfarro, contratacións a dedo, oscurantismo na xestión das festas…), mentres o PP calaba. Pero tamén presentou iniciativas para mellorar a xestión do concello en todos os ámbitos: escola infantil, centro de día, planta de compostaxe, cesión do centro de saúde, noitebus, saneamentos, marisqueo…
A nosa acción de goberno basearase na honestidade e a transparencia, garantindo a igualdade de oportunidades para todos os cidadánsA nosa acción de goberno basearase na honestidade e a transparencia, garantindo a igualdade de oportunidades para todos os cidadáns. Reduciremos os gastos políticos e levaremos a cabo procesos de contratación abertos e transparentes. Acabaremos co caos urbanístico, coa aprobación dun PXOM que permita ordenar a vila e o rural (p. ex. dando saída ás rúas do colexio e o instituto). Igualaremos o acceso aos servizos en todas as parroquias. Fomentaremos o tecido productivo local, apoiando ao sector primario, ao empresariado local, á industria e ao comercio para crear maís e mellor emprego. Sanearemos a ría e os ríos. Haberá un centro de día para os nosos maiores, un circuito biosaudable e un centro de saúde en condicións. Apoiaremos o turismo, coa apertura do Castelo de Ameixenda e os xardíns do Fernando Blanco. Promoveremos a participación de toda a poboación na vida cultural e deportiva.
O BNG ofrece una política distinta, baseada no servizo e a mellora do concello, deixando de lado intereses económicos individuais. Priorizaremos o desenvolvemento económico, a creación de emprego e o benestar social, con políticas ao servizo da maioría.