O BNG presenta unha moción para que os veciños aproveiten os recursos mariños
Unha das maiores potencialidades sen explotar dun xeito sustentábel do noso concello pasa polo sector da pesca, e máis concretamente do marisqueo, que se debe protexer e pontenciar para que todas as familias que dependen directamente deste sector poidan vivir sen a inestabilidade que proporciona o mar. O noso grupo político non entende que dende a administración non se impulse o traballo ligado aos bens naturais, máis tendo en conta a idiosincrasia que une o pobo galego co mar.
A nosa ría é potencialmente axeitada para a cría sobre todo da mexilla, sen desbotar outras especies, como son o propio mexillón, o percebe, o ourizo de mar e a anémona.
mexilla
Na actualidade lanchas procedentes de zonas de producción de mexillón acceden á ría e collen libremente toda a mexilla que precisan, acabando con este recurso natural sen que isto repercuta ningún beneficio na zona. De feito, o dano que se fai ao ecosistema mariño e á zona en xeral é moi alto, pois os métodos pouco ortodoxos para coller a mexilla fan que todo o litoral se vexa esquilmado, xa que non se respetan as zonas de supervivencia da especie.
Atendendo á petición do grupo municipal do BNG en Cee, obtense un beneficio dobre:
É por iso que requirimos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
Instar ao Concello de Cee, na figura do seu alcalde, a tomar a iniciativa e xestionar coas administración implicadas os trámites oportunos para esixir que a colleita e venta da mexilla na nosa ría se faga dende os propios mariscadores da nosa localidade ou confraría, obtendo así beneficios medioambientais para a nosa ría e beneficios económicos para os mariscadores do noso entorno.