Vigo despilfarra o patrimonio dos ceenses

O informe da Deputación non reflexa a situación económica do concello de Cee a día de hoxe, posto que abarca até a liquidación do ano 2009. Este informe descoñece os gastos que o goberno municipal realizou e que non aparecen no balance contable.

O goberno gastou 750.000 euros durante o ano 2010 sin ter ingresado previamente os cartos.O presuposto do ano 2010 contemplaba ingresos pola venta do patrimonio municipal do solo (solar do recheo, masas comúns e vivendas de proteción oficial) de 750.000 euros. Pero o goberno só foi quén de ingresar pouco máis de 100 euros por este concepto. Sen embargo, a totalidade das inversións asociadas a estes ingresos si que se levaron a cabo.

As facturas amoréanse no concello, porque o gasto non pode ser recoñecido até que a partida presupostaria que o contempla estea dotada economicamente. É dicir, que mentres non se produzan os ingresos non se poden realizar os gastos. O goberno actúa con total irresponsabilidade de cara aos proveedores, que non se sabe cando poderán cobrar. E é irresponsable con todos os cidadáns de Cee, que descoñecen esta situación que está a hipotecar o futuro de todos os veciños.

A prórroga do orzamento é a demostración máis evidente de que o goberno de Vigo e compañía esconde algo nas súas contas.As previsións de gastos do concello non se axustan á realidade, o que dá como resultado un desfase entre gastos e ingresos correntes próximo aos 400.000 euros. Para cadrar as contas recúrrese repetidamente aos recoñecementos extraxudiciais de crédito, que se utilizan para imputar a un exercicio presupostario gastos de exercicios anteriores. Así, durante o presente exercicio lévanse aprobado facturas doutros anos por valor de 400.000 euros. O presuposto municipal non soporta o nivel de gasto do goberno actual, que só en soldos de carácter político supera os 130.000 euros.

Si o estado económico do concello é bo, por qué non se aproba o orzamento do ano 2011 e se prorroga o actual? A prórroga do orzamento é a demostración máis evidente de que o goberno de Vigo e compañía esconde algo nas súas contas.

Non se toma ningún tipo de medidas para paliar os efectos da crise, como fan outros concellos da comarca, por exemplo, cos plans de empregoO alcalde presume de ter invertido no seu mandato máis de 10 millón de euros. Deixando a parte que conta como inversións municipais as de todas as administracións, resulta moi decepcionante que con esta grande inversión non fora quén de lograr incrementar nun só euro os ingresos do concello.

Todo o contrario. O goberno actual externalizou unha serie de servizos, como a limpeza viaria ou a limpeza das dependencias municipais, que duplican o coste dos mesmos cando eran directamente prestados por persoal municipal.

O máis triste é o que se refire ás prioridades de gasto do goberno local. Non se toma ningún tipo de medidas para paliar os efectos da crise, como fan outros concellos da comarca, por exemplo, cos plans de emprego.  Non é tempo de priorizar obras, senón de mirar polas persoas, que están a pasar dificultades económicas moi importantes.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]