OS VECIÑOS DEMANDANLLE Á DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS QUE REPOÑA UN CAMIÑO EN GUNDÍN
No momento presente estes veciños e veciñas aínda non tiveron resposta da citada Dirección XeralNo pasado mes de xuño veciños e veciñas da aldea de Gundín, parroquia dos Ánxeles asinaron un escrito dirixido á DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS DA XUNTA DE GALICIA que textulamente manifestaba o que segue:
“Rematadas as obras da nova autovía Santiago-Brión (AG-56) e unha vez que xa ten entrado en servizo, temos observado que un camiño veciñal que bordea a nosa aldea pola parte de abaixo, en paralelo á marxe esquerda da nova autovía, queda parcialmente inutilizado debido aos impedimentos para acceder ao camiño dende a estrada de Noia ( C-543 )
Este camiño fora construído a raíz da concentración parcelaria da zona e daba servizo ás propiedades do fondo da aldea comunicándoa coa actual estrada Santiago-Noia ( C-543 )
Una vez rematadas as obras da autovía, tal e como se pode apreciar nas fotos adxuntas, o camiño segue existindo, unicamente queda sen rematar o enlace coa estrada de Noia.(C-543)
Presunta saída cara a autovía
Os veciños e veciñas que asinamos esta carta entendemos que o citado camiño segue ser de utilidade para dar servizo ás nosas propiedades e vivendas. Ademais a reposición deste camiño comunal supón para Gundín unha maneira de reorientar o seu futuro xa que coa nova autovía quedamos constrinxidos nun limitado espazo entre o novo vial e a vella estrada de Noia.
Son estas as razóns que nos levan a dirixirnos a esa Dirección Xeral para que teña a ben realizar as obras necesarias para retirar ou modificar o valado da marxe dereita da estrada de Noia (C-543 ) para permitir o acceso dende esta estrada cara ao camiño veciñal reposto entre Gundín e a autovía.”
No pasado mes de xuño veciños e veciñas da aldea de Gundín asinaron un escrito dirixido á Dirección Xeral de Obras Públicas
No momento presente estes veciños e veciñas aínda non tiveron resposta da citada Dirección Xeral, polo que se dirixen, mediante esta proposta, ao Concello en Pleno para que se tome o acordo de facer chegar á Dirección Xeral de Estradas a necesidade de realizar as obras necesarias para retirar ou modificar o vallado da marxe dereita da estrada de Noia (C-543 ) para permitir o acceso dende esta estrada cara ao camiño veciñal reposto entre Gundín e a autovía.