Novas

  

O BNG propón no Pleno ubicar a estación de buses fronte ao paseo da Galera

Del Río: “ A estación de autobuses ten que ter como obxectivo dar un servizo público aos usuarios de maior calidade, non só sacar o tráfico de buses do centro da cidade”. [+]


O BNG pide ao pleno de Betanzos que se posicione contra o copago farmacéutico

"Pedimos que se compense esta medida tan lesiva evitando que as persoas pensionistas vexan reducidas as súas pensións polo feito de ter enfermidades". [+]


O BNG exixirá no Pleno que o goberno local presente unhas novas bases xerais de contratación de persoal laboral

O BNG informa de que o executivo do PSOE convocou recentemente dous procesos selectivos cunhas bases que van en contra do establecido polas bases xerais de contratación. Os nacionalistas denuncian que esta convocatoria non foi publicada na web do concello, nin comunicada aos representantes dos traballadores. [+]


O BNG lamenta que as bolsas de material escolar e comedor non sexan progresivas

A conta xeral amosa que a 31 de decembro de 2011, o goberno do PSOE aínda non pagara 4800 euros destas axudas. “Con isto prexudícase ao pequeno comercio, que non cobra os cheques do material, e ás familias que asumiron en solitario o custo do comedor”. [+]



O BNG pide que o Concello non desconte a paga de Nadal aos seus empregados

“Está por ver que liña segue o PSOE, se continúa ignorando aos empregados municipais entregado á liña conservadora que lle marca CxB ou opta por aplicar as políticas alternativas que di defender alí onde non goberna”. [+]