Boletín especial sobre os orzamentos

Nas páxinas do voceiro poderás coñecer as intencións do goberno local de pechar o centro de formación ocupacional ou a radio municipal, o dispendio en festas mentres apenas se prevén investimentos ou a falta de diálogo cos propios traballadores do Concello.

Betanzos, 6 de agosto de 2012. Xa está a chegar a todas as casas de Betanzos un número especial do boletín informativo do BNG analizando o contido dos orzamentos municipais do goberno municipal do PSOE e do seu socio CxB. Nas páxinas do voceiro poderás coñecer polo miúdo as intencións do goberno local de pechar o centro de formación ocupacional ou a radio municipal, o dispendio en festas mentres apenas se prevén investimentos ou a falta de diálogo cos propios traballadores do Concello. A contracapa contén unha entrevista co portavoz municipal do BNG, Henrique del Río. Boa lectura!

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Boletín especial sobre os orzamentos