Henrique del Río: “Hai alternativa e rebelámonos, como fixeron no seu día Bóveda e Faraldo, contra as medidas que impón a oligarquía e que PSOE e PP defenden”
Andtrés Otero nun momento da súa intervención
Betanzos, 17 de agosto de 2012. O BNG celebrou, un ano máis, a homenaxe a Antolín Faraldo co gallo do Día da Galiza Mártir. Conduciu o acto María Otero, que lembrou que “tal día coma hoxe era asasinado na Caeira, en Poio, Alexandre Bóveda”. A concelleira nacionalista recordou as últimas palabras de Bóveda antes de ser asasinado polos franquistas nos que refrendaba o seu compromiso con Galiza e lembrou a campaña desenvolvida por Galiza Nova para dar a coñecer a figura de Antolín Faraldo. Finalmente, leu un poema de Manuel María dedicado á memoria de Bóveda.
Sara Matilla intervén en representación de Galiza Nova
Fronte a esta situación, asegurou, “hai alternativa e demostrámolo tamén no Concello, propoñendo unha fiscalidade máis xusta, como por exemplo subindo as taxas aos bancos ou cobrando o IBI á Igrexa polas propiedades que nin son edificios de culto nin patrimonio histórico”. Ademais, recordou que o BNG tamén propuxo novas liñas de axuda para as familias e unha solución para o conflito que o goberno local mantén co persoal municipal. “A hipocrisía do PSOE é tal que aquí, en Betanzos, está a facer o contrario do que reclama alí onde están na oposición”, denunciou.
Aspecto da praza nun intre da intervención de Henrique del Río
Andrés Otero: “Homenaxeamos tamén aos que son mártires sen sabelo”
A presentación do acto correu a cargo de María Otero
O ex-edil do BNG non quixo deixar pasar por alto a ocasión de cuestionar que a figura de Antolín Faraldo siga esquecida polo goberno local malia o acordo unánime que impulsou o BNG para poñela en valor. “O desprezo chega ao punto que se ve nesta praca, coa estupidez de dicir tan só cando naceu e finou Antolín e poñer os anos que tiña”, apuntou, criticando que non haxa unha soa liña lembrando quen foi e que supuxo para a historia de Galiza Antolín Faraldo.
Sara Matilla: “o PSOE leva un ano dando as costas á xente nova”.
“Aquí está Galiza Nova, mocidade comprometida con Galiza como estivo o mozo Antolín Faraldo”, asegurou Sara Matilla. A responsábel local das mocidades do BNG criticou que o goberno local leve “un ano dando as costas á xente nova, sen convocar o Consello da Mocidade para escoitar as nosas demandas” e asegurou que “de promesas coma o skatepark cuberto o PSOE esqueceuse e só fan un concertiño cos grupos locais nas festas, pero sen o protagonismo que merecen”.