As obras no Monte da Fame: un despilfarro de cartos públicos

align="justify">No BNG xa discreparamos no pleno cando se aprobaran cen mil euros para esta obra no camiño de acceso a Fote da Virtud, xa que consideramos que isto non ia solucionar ningún problema e hai outras prioridades. Finalmente custounos a todos os veciños e veciñas sesenta e un mil euros asfaltar corenta metros de camiño e cementar douscentos metros de cuneta en pleno monte. Paralelamente ao remate das obras, por unha total falla de planificación, realizouse unha tala (terreos municipais incluidos), que deixaron dito camiño e cunetas nunhas pésimas condicións.

 CantaClaro. O noso voceiro, novo nº xa na rúa.

Novo número do noso voceiro municipal con valoración do que levamos de lexislatura, as nosas propostas, ... descargao aquí e informate.

 Bergondo, un dos máis afectados pola suba do IBI imposta por Rajoy

O incremento no gravame do IBI (Imposto de Bens Inmobeis) aprobado polo goberno de Rajoy traducese nunha suba dun 11,11% en 2.012 e un 33,33% en 2.013, fortisima suba que non se xustifica no contexto actual de crise económica.

O BNG levará este asunto para ser tratado no Pleno solicitando medidas encamiñadas a solucionar este problema, e en caso de que a suba sexa inevitable permita un incremento máis gradual e repartido.

O BNG de Bergondo pide de novo seguridade viaria na N-VI

A asemblea local do BNG de Bergondo recorda todas as iniciativas presentadas en Madrid a este respecto

 

Bergondo, 31 de maio de 2012.- o BNG lamenta o accidente acontecido onte no que se viron implicados un camión e un ciclista e recorda que a inseguridade viaria e os accidentes son constantes e as reclamacións feitas tanto polo BNG coma polos veciños e veciñas están enriba da mesa desde hai anos “ lamentamos o pasotismo do Ministerio de Fomento que sempre atopa disculpas para non ter que executar as obras precisas, o goberno do estado non pode seguir agachándose diante desta grave situación”

 

O BNG recorda que nestes anos as iniciativas en Madrid foron constantes e que neste exercicio orzamentario presentouse unha enmenda na que se esixían melloras na N-VI “ por suposto o goberno do PP votou en contra”. O BNG quere amosar a súa indignación pola falta de compromiso do goberno central cunha obra moi necesaria e urxente e esixiremos de novo en Madrid “ que se fagan xa as obras de mellora da seguridade viaria”

 

Cortiñán é un núcleo de poboación de Bergondo cun alto volume de tráfico ao atoparse entre os accesos á autoestrada AP-9 e á autovía A-6, a cinco km de Betanzos e a carón dun polígono industrial. Neste sentido queremos recordar a recollida de sinaturas feita pola veciñanza de Cortiñán e que foron entregadas no Ministerio de Fomento e por suposto recordar tamén “ o traballo intenso que leva feito o BNG todos estes anos para que se fagan as obras. Na última campaña das xerais fíxose unha camiñada reivindicativa na que participou Francisco Jorquera xunto con veciños e veciñas e na que se volveron a pedir as melloras de seguridade viaria”  [...]

teletipos

  • Coas propostas do BNG aprobadas hoxe o Concello aforrara máis de 100 mil € anuais [...]

  • Antón Sánchez, candidato ao Senado [...]

  • Salvemos a praia de Gandario (alegacións do BNG) [...]

  • Sta Marta en estado deplorable [...]

  • 40 medidas urxentes para Bergondo [...]

  • A Deputación desbloquea a 1ª fase da estrada de S.Paio,grazas ó incansable traballo dos veciñ@s  [...]

  • O BNG acusa a Fomento de falta de seriedade no procedemento do AVE A CORUÑA-FERROL [...]

  • O BNG cre necesario un campo de futbol para Bergondo [...]

tele bng