Novas
Salvemos a praia de Gandario (alegacións do BNG)
O BNG COMPROMETESE NA DEFENSA DO PATRIMONIO AMBIENTAL E ESTRATEXICO PARA A ECONOMIA DE BERGONDO [+]
Coas propostas do BNG aprobadas hoxe o Concello aforrara máis de 100 mil € anuais
O compromiso que o BNG de Bergondo arrancou do equipo de goberno (formado por PSOE e VB) no sentido de que aplicarán – en materia de aforro enerxético - as receitas propostas polo noso grupo, terá como consecuencia que o concello conseguirá aforrar máis de 100.000 euros anuais na factura da luz; mediante o paso inmediato dos contratos ao mercado libre e outras medidas como son a elaboración dunha auditoría enerxética que sitúe todos os puntos de luz, contadores, determinando os puntos chave onde máis se consume, luminarias en terreos privados etc.; revisión tarifaria, escollendo a tarifa que mellor se adapte en cada caso; plan de substitución de luminarias por outras máis eficientes etc. [+]
Antón Sánchez, candidato ao Senado
O pasado sabado 10 de setembro o Consello Nacional do BNG aprobou as listas e o programa co que se concorrera ás eleccións xerais do 20 de novembro.
No que atinxe as listas ao Congreso e o Senado, ao primeiro repetira o actual deputado e portavoz Francisco Jorquera, mentras que na candidatura para o Senado, no terceiro posto concorrera o noso portavoz municipal Antón Sánchez García, o que reflicte a aposta polo arduo traballo que o BNG ben desenvolvendo dende a agrupación local e trasladar o mesmo a outras institucións. [+]
Sta Marta en estado deplorable
Nos últimos tempos vimos denunciando o deplorable estado de conservación no que se atopa a parroquia de Sta. Marta, beirarúas da estrada a Guisamo invadidas pola maleza, vía de acceso a AP9 (unha das entradas naturais ó noso municipio).
Máis grave se cabe é este desleixo cando o goberno local non destina persoal para limpalas pero sí manda persoal municipal a traballar ao Concello de Sada na montaxe dun escenario. [+]
Bergondo paga un sobrecusto na luz pola mala xestión do Goberno Municipal
O BNG presentara un plan de racionalización do gasto enerxetico. A medida máis urxente é pasar de inmediato ó mercado libre, medida sen custo algún e co que se aforraria máis dun 20% na factura da luz. [+]
Valoración do Pleno de organización do Concello (07/07/11)
No BNG valoramos como moi positivos os acordos acadados no pleno de organización celebrado onte no consistorio bergondés. Reclamacións históricas coma que o carácter mensual dos plenos e non bimensual como ata o de agora; que se teña constituído unha comisión especial para abordar a elaboración dun necesario Plan Xeral de Urbanismo; a posta en marcha dunha mesa de contratación de obras e servizos con presenza de todos os partidos representados no concello, supoñen, un avance significativo na transparencia e un novo horizonte no que atinxe ao acercamento ao cidadán das decisións que lle afectan máis directamente grazas ás iniciativas presentadas en diversas ocasións polo BNG e que agora teñen dado froitos por sermos unha forza decisiva coa que hai que contar na política municipal.
Por outra banda, consideramos igualmente positivo que tivera triunfado a sensatez no que se refire á asignación de salarios dos integrantes do equipo de goberno municipal. En palabras de Antón Sánchez, o noso portavoz municipal: “que o equipo de goberno teña reconsiderado a súa pretensión inicial de asignar dedicacións parciais para todos os seus membros, en aras da austeridade debe ser recoñecido, agora ben, non debemos esquecer que grazas a unha emenda do BNG tense evitado que o goberno vira compensada esa austeridade sobrevida con asignacións por outros conceptos pouco decorosas e pouco conciliables coa suposta austeridade” Refírese, en concreto á emenda presentada polo BNG para rebaixar a asignación económica por asistencias ás xuntas de goberno, de 200 a 100€, e a supresión dos 50€ por asistencia ás xuntas delegadas de área, órgano nin tan sequera constituído formalmente.
En calquera caso, o BNG mostrase aberto a que nun futuro poida haber algunha dedicación exclusiva máis, aparte da aprobada para a alcaldesa: “como xa temos manifestado, por activa e por pasiva, nos xa defendiamos a austeridade nos tempos das vacas gordas, polo tanto ningún demagogo nos vai dar leccións nese sentido. É por iso que defendemos que unha maior dedicación por parte dos membros do goberno municipal no día a día do concello redundaría positivamente na atención ao cidadán e na resolución dos seus problemas. Noutras palabras, a austeridade é importante, pero a eficacia e a eficiencia máis aínda, se cabe” [+]