Novas
O BNG de Bergondo pide de novo seguridade viaria na N-VI
A asemblea local do BNG de Bergondo recorda todas as iniciativas presentadas en Madrid a este respecto
Bergondo, 31 de maio de 2012.- o BNG lamenta o accidente acontecido onte no que se viron implicados un camión e un ciclista e recorda que a inseguridade viaria e os accidentes son constantes e as reclamacións feitas tanto polo BNG coma polos veciños e veciñas están enriba da mesa desde hai anos “ lamentamos o pasotismo do Ministerio de Fomento que sempre atopa disculpas para non ter que executar as obras precisas, o goberno do estado non pode seguir agachándose diante desta grave situación”
O BNG recorda que nestes anos as iniciativas en Madrid foron constantes e que neste exercicio orzamentario presentouse unha enmenda na que se esixían melloras na N-VI “ por suposto o goberno do PP votou en contra”. O BNG quere amosar a súa indignación pola falta de compromiso do goberno central cunha obra moi necesaria e urxente e esixiremos de novo en Madrid “ que se fagan xa as obras de mellora da seguridade viaria”
Cortiñán é un núcleo de poboación de Bergondo cun alto volume de tráfico ao atoparse entre os accesos á autoestrada AP-9 e á autovía A-6, a cinco km de Betanzos e a carón dun polígono industrial. Neste sentido queremos recordar a recollida de sinaturas feita pola veciñanza de Cortiñán e que foron entregadas no Ministerio de Fomento e por suposto recordar tamén “ o traballo intenso que leva feito o BNG todos estes anos para que se fagan as obras. Na última campaña das xerais fíxose unha camiñada reivindicativa na que participou Francisco Jorquera xunto con veciños e veciñas e na que se volveron a pedir as melloras de seguridade viaria” [+]
As obras no Monte da Fame: un despilfarro de cartos públicos
No BNG xa discreparamos no pleno cando se aprobaran cen mil euros para esta obra no camiño de acceso a Fote da Virtud, xa que consideramos que isto non ia solucionar ningún problema e hai outras prioridades. Finalmente custounos a todos os veciños e veciñas sesenta e un mil euros asfaltar corenta metros de camiño e cementar douscentos metros de cuneta en pleno monte. Paralelamente ao remate das obras, por unha total falla de planificación, realizouse unha tala (terreos municipais incluidos), que deixaron dito camiño e cunetas nunhas pésimas condicións. [+]
CantaClaro. O noso voceiro, novo nº xa na rúa.
Novo número do noso voceiro municipal con valoración do que levamos de lexislatura, as nosas propostas, ... descargao aquí e informate. [+]
A Xunta recua e amañara a ponte do Pedrido en 2012
Logo das nosas denuncias e de que o Pleno aprobase unha moción (coa abstención do PP) instando a súa reparación, a Xunta anunciou por medio da súa delegada territorial unha inversión de 2,3 millóns de euros no 2.012 para varias actuacións de arranxo da Ponte do Pedrido. [+]
Bergondo, un dos máis afectados pola suba do IBI imposta por Rajoy
O incremento no gravame do IBI (Imposto de Bens Inmobeis) aprobado polo goberno de Rajoy traducese nunha suba dun 11,11% en 2.012 e un 33,33% en 2.013, fortisima suba que non se xustifica no contexto actual de crise económica.
O BNG levará este asunto para ser tratado no Pleno solicitando medidas encamiñadas a solucionar este problema, e en caso de que a suba sexa inevitable permita un incremento máis gradual e repartido. [+]
A Xunta non recolle nos seus orzamentos do 2012 a reparación da Ponte do Pedrido
Nos orzamentos presentados recentemente pola Xunta de Galicia para o vindeiro exercicio de 2.012 non se consigna nin un só euro en ningunha partida para a reparación da Ponte do Pedrido. A pesar das promesas que se teñen manifestado nos medios de comunicación por parte do goberno municipal de Bergondo e da propia Xunta, no sentido de que 2.012 sería o ano da solución do grave problema e inminente risco que corren os veciños da zona por causa dos desprendementos de cascotes que se producen dende gran altura na citada ponte, a Xunta fai oídos xordos ante un auténtico e grave perigo para a seguridade das persoas.
Dende o BNG de Bergondo denunciamos esta terrible desidia, neglixencia e desprezo cara aos bergondeses por parte das autoridades competentes na materia e comprometémonos a presentar, a través do grupo do BNG do parlamento de Galicia, a correspondente emenda aos orzamentos para que se recolla unha partida de cartos específica e suficiente para a reparación da ponte o antes posible. [+]