Coas propostas do BNG aprobadas hoxe o Concello aforrara máis de 100 mil € anuais
O compromiso que o BNG de Bergondo arrancou do equipo de goberno (formado por PSOE e VB) no sentido de que aplicarán – en materia de aforro enerxético - as receitas propostas polo noso grupo, terá como consecuencia que o concello conseguirá aforrar máis de 100.000 euros anuais na factura da luz; mediante o paso inmediato dos contratos ao mercado libre e outras medidas como son a elaboración dunha auditoría enerxética que sitúe todos os puntos de luz, contadores, determinando os puntos chave onde máis se consume, luminarias en terreos privados etc.; revisión tarifaria, escollendo a tarifa que mellor se adapte en cada caso; plan de substitución de luminarias por outras máis eficientes etc.
Outro compromiso arrancado ao equipo de goberno é o da incorporación das nosas propostas de certas obras longamente demandadas pola veciñanza como son un plan de limpeza e mellora no lugar de Miodelo, retirando escombros e maleza da beira do rego, e o acondicionamento do campo de fútbol do Convento; ademais dos arranxos en camiños nos lugares de Casal a Cambade, Aldea de Arriba (Santa Marta), A Senra (Vixoi), acondicionamento da parada de San Paio (Guísamo), etc.