Antón Sánchez, candidato ao Senado

O pasado sabado 10 de setembro o Consello Nacional do BNG aprobou as listas e o programa co que se concorrera ás eleccións xerais do 20 de novembro.

No que atinxe as listas ao Congreso e o Senado, ao primeiro repetira o actual deputado e portavoz Francisco Jorquera, mentras que na candidatura para o Senado, no terceiro posto concorrera o noso portavoz municipal Antón Sánchez García, o que reflicte a aposta polo arduo traballo que o BNG ben desenvolvendo dende a agrupación local e trasladar o mesmo a outras institucións.

As candidaturas completas son as seguintes:

CONGRESO: 1.- Francisco Jorquera (actual deputado e portavoz no Congreso); 2.- Rosana Pérez Fernández (portavoz no concello da Pobra e ex - deputada provincial); 3.- Jessica Fernández Polo (concelleira nas Pontes); 4.- Xulia Guntín Arauxo (profesora USC); 5.- Oscar Insua Lema (portavoz en Corcubión); 6.- Mª Xosé Alfonso Torres (portavoz en Muros); 7.- Secundino García Casal (alcalde de San Sadurniño); 8.- Evencio Ferrero (alcalde de Carballo); Suplente 1.- Xosé Manuel Tomé Fernández (Consello Comarcal da Montaña e militante en Curtis); 2.- Laura Arjonilla Cristobal (Consello Local Santiago. Galiza Nova; 3.- Dolores Martínez Castelo (Secretaria Nacional CIG Textil).

SENADO: 1.- Xaime Bello (ex alcalde de Ferrol); 2.- Teresa Moure (profesora USC); 3.- Antón Sánchez García

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]