Sta Marta en estado deplorable
Hai tres anos destinaronse máis de 700.000€ para acondicionar a estrada que vai de Sta Marta a Guísamo,antiga vía autonómica posteriormente cedida ao Concello, dotandoa de beirarrúas.
Os anos seguintes sen embargo estas non poden cumplir coa súa función por estar permanentemente ocupadas pola maleza, o que fai que os peóns teñan que baixar á estrada para circular.
O goberno local PSOE-Veciños de Bergondo, non destina recursos humáns e materiais para o seu mantenimento, pero sen embargo si mandou unha cuadrilla de persoal do Concello a montar un escenario no municipio de Sada o pasado mes de xullo.
Dende o BNG esiximos que se proceda de xeito urxente á limpeza das beirarrúas e que esto non sexa algo excepcional,senon unha rutina de manter as infrastruturas de xeito que sempre estén en condicións de ser usadas.
Así mesmo, denunciamos e esiximos do equipo de goberno a inmediata reversión do estado de semiabandono e falta de limpeza nunha das entradas naturais ao concello como é a vía de acceso á autoestrada AP9 a través de Sta Marta. A maleza invade parte das beiravías da estrada, cobre elementos de seguridade como os gardaraís ...; para mostra o estado que presenta o terreo próximo á estrada e que serve como “escaparate” de EUROESPES. Por outra parte, e tal como testemuñan veciños da zona, case que ningún condutor respecta o límite de velocidade de 50 Km/hora que hai na zona, polo que se fai necesario acometer intervencións urxentes en seguridade vial como o pintado de algún paso de peóns, a reparación dos semáforos existentes e a colocación de sinais verticais para recordar aos condutores a limitación de velocidade vixente, que actúen como medidas disuasorias. Para rematar, facemos nosas as palabras dun veciño do lugar: “noutros concellos procuran ter os seus accesos empatenados e coidados, conscientes da función que cumpren as súas estradas como carta de presentación para aquel que os visita; aquí, en cambio, o que se encontra o que ven de fora é uhna tarxeta de visita consistente na abundancia de toxos e silvas, no mellor dos casos o que se fai é desbrozar, déixando os restos nas cunetas. Xa que logo, non é de estrañar que os condutores pasen de forma fugaz, pois non ven elementos que lles fagan ver claramente que están a entrar nunha zona máis ou menos urbana”