40 medidas urxentes para Bergondo
Bergondo leva moitos anos cun goberno que non foi capaz de levar a cabo os grandes proxectos que un concello como o noso precisa; e outro tanto tempo cunha parte da oposición que non foi quen de propor iniciativas máis aló das puramente electoralistas.
Cunha visión curtoprazista da xestión municipal, nesta última lexislatura puidemos observar a carencia de ideas e medidas, sen ser o Concello capaz de asentar as bases dun modelo económico e social que xere calidade de vida e benestar aos veciños e veciñas.
Por todo isto, dende o BNG adquirimos o compromiso de ser o motor de cambio que este Concello precisa; de ser a forza de goberno que permita a Bergondo avanzar neste século XXI con paso firme para sermos un lugar onde vivir cada vez mellor.
Polo tanto, os e as nacionalistas de Bergondo presentamos un documento de medidas con carácter urxente, elaborado a partires do noso programa electoral, que serve como base para a cohesión social e territorial do noso Concello, orgulloso do seu país e con vocación de futuro.
Comprometémonos a, nos vindeiros catro anos, cumprir cos seguintes compromisos.
Urbanismo
Aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que beneficie á maioría e impulse Bergondo os próximos quince anos, á vez que permita aos nosos fillos, fillas, netos e netas ficaren a vivir na súa vila.
Dotación de saneamento a todo Bergondo, ampliando a capacidade depurativa,e completar a traída.
Mellora da seguridade vial na N VI.
Creación de emprego
Impulsar o emprego en igualdade, dende o entendemento de que a igualdade para a muller non é unha política social máis. Elaboraremos unha estratexia transversal e xeneralizada sobre a nosa acción de goberno,que tamén sexa sensible cos problemas da mocidade para atopar emprego.
A aprobación o PXOM fomentará o asentamento das pequenas empresas que crearán emprego no Concello.
Conexión do Polígono Industrial coa AP9 .
Implantación dun Plan Turístico Municipal. Cremos na potenciación do turismo como fonte de riqueza que supoña unha nova forma de gañarse a vida, xunto co xurdimento de empresas de servizos. Apertura dunha Oficina de Información Turistica; subvencionar aos campings, incentivar a creación dun Camping de 1ª Categoria .
Creación dun parque agroindustrial.
Construcción dunha Escola Taller que inclúa taller de xoiería - botalume, cunha residencia para estudantes.
Instituir o Consello Económico e Social de Bergondo,onde reuniremos ás empresas, ós sindicatos e a todos os axentes sociais para levar a cabo accións conxuntas de dinamización.
Por en funcionamento un Viveiro de empresas.
Apoio a recén constituida Mesa Local do Comercio para dar relevancia ao papel do comercio local no municipio.
Políticas sociais para as maiorias:
Apostar decididamente polos servizos públicos e a corresponsabilidade nas tarefas do coidado e a crianza.
Inclusión de Bergondo no Consorcio de Servizos Sociais para dotarmos dun centro de día para o cuidado de maiores e dependentes e dunha escola infantil.
Construcción dun campo de fútbol digno.
Estudaremos dotarmos dunha piscina municipal no concello, contemplando a reserva de solo no PXOM.
Posta en marcha dunha Casa da Mocidade xestionada polos mozos e mozas.
Crear unha Escola do Mar Municipal no albergue de Gandarío.
Construcción dun local social en condicións para Ouces e Moruxo. Acceso ao uso e disfrute dos locais sociais das parroquias para toda a veciñanza.
Transparencia na xestión municipal
Fomentar a democracia participativa cun Regulamento de Participación Veciñal, con Consellos Parroquiais e asistencia da veciñanza ós plenos do concello.
Oficina de Información Municipal. Crear unha oficina específica de información sobre todos os trámites e solicitudes que se podan facer e todas as actuacións do concello en materia de gasto, contratación, etc.
Medidas de aforro do gasto corrente
• Plan Municipal de Iluminación baseado no aforro enerxético, na eficiencia, na seguridade e na sostibilidade. Aforro enerxético, só cos cambios na contratación da luz xa se aforraría entre un 30 e un 40%; ademais doutras medidas de eficiencia enerxética como o cambio de luminarias, etc. O último ano o Concello de Bergondo gastou 400.000 euros en luz, co cal poderíamos aforrar perto de 180.000 euros neste apartado.
Aforro na execucción de obras
Contratar preferentemente por procedementos abertos con pubicidade, frente ao procedemento negociado sen publicidade.
Creación da Brigada de Obras do Concello
Conservación ambiental do concello.
A limpeza dos montes será unha prioridade, estudaremos como aproveitar a nosa riqueza forestal para xerar ingresos utilizando o compost ou a biomasa para xerar enerxia.
Construiremos sendas peonís que conecten o concello e o liguen as sendas dos concellos limítrofes.
Educación medioambiental nos centros educativos.
Defendemos a prevención de abandono de animais, a promoción de boas prácticas en relación ao benestar animal, as campañas de esterilización subvencionadas polo concello e o fomento de adopcións.
Mobilidade
BERGONBUS, para solventar o problema de illamento das parroquias, unha liña interior de transporte interparroquial, participada polo concello.
Reapertura do apeadeiro do tren de Guísamo que nos conecta con Ferrol e A Coruña.
Aparcadoiros disuasorios preto das paradas de bus e do apeadeiro do tren.
Comunicación e preservación do patrimonio artístico e cultural
Castros, fontes ou lavadoiros serán catalogados.
Posta en marcha dunha biblioteca pública da que carecemos.
Dotar ao concello de internet a través de redes Wifi.
Dotación de servizos de goberno aberto na web do Concello.
Ampliar o horario das actividades do concello ás mañás.
Adherirmos a Rede Galega de Teatros.
Dotar a Senra de contido cultural.
Potenciar a figura de Xohán Vicente Viqueira e a súa Fundación para convertir a Quinta Cortón nun centro cultural de referencia da cultura galega.
Onda Bergondo emisora de radio para manter informada a veciñanza das novas das parroquias