A Deputación desbloquea a 1ª fase da estrada de S.Paio,grazas ó incansable traballo dos veciñ@s

A iniciativa dos veciñ@s, co apio do BNG, a Deputación ven de desbloquear a 1ª fase dos traballos de mellora e ampliación da estrada Guisamo – Guiliade ó seu paso por S.Paio. Isto ocorre tras os pasos que previamente xa deran os residentes no lugar, acompañados polos nosos concelleiros Lolo Parga e Antón Sánchez, ante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta que esclarexou que o peche da finca denominada Villa Julia non tiña valor patrimonial algún e podía ser modificado para a realización das obras, denegando a razón ó propietario.

A Deputación xa fixo a relación de bens afectados para expropiar e levar a cabo a 1ª fase das obras. Isto ven a demostrar que os veciños, co apoio do BNG, son quen de conseguir melloras para o conxunto da cidadania cando, como neste caso, o Goberno Local non fai absolutamente nada por conseguilo.

Por outra parte, dende o BNG preguntémonos ¿porque o proxecto levaba paralizado ben tempo na Deputación?. Non queremos ser mal pensados, e cada quen que saque as súas propias conclusións, máis cabe reseñar que o departamento de Vías e Obras esta xestionado polo PSOE.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]