O BNG acusa a Fomento de falta de seriedade no procedemento do AVE A CORUÑA-FERROL

Dende o BNG de Bergondo queremos denunciar O SINSENTIDO en que se está a converter o Estudo Infomativo do AVE A Coruña-Ferrol, por mor da falta de seriedade do Ministerio de Fomento que está a crear alarma social cunha serie de variantes que non seguen ningún tipo de criterio lóxico.

As novas variantes que se están a estudar e que afectan gravísimamente a Bergondo non ten sentido nen sequera plantexalas como hipótesis, xa que afecta a máis de 200 vivendas,a escola infantil,o colexio, o LIC da Ría de Betanzos, ... e polo tanto son inviavéis ambiental, social e económicamente e que so conducen á producir desasosego E ALARMA entre o conxunto da población da comarca.

Ante esta situación o BNG levará a cabo as seguintes medidas de xeito inmediato:

-Propoñeremos á alcaldesa de Bergondo que convoque unha xuntanza de todos os partidos políticos do concello para unha toma de posición institucional de maneixa conxunta, e que se informe ós veciños do alcance do estudo para Bergondo.

-Presentaremos, a través do noso portavoz no Parlamento de Galicia, D. Carlos Aymerich Cano, unha pregunta  para saber cal é a posición do goberno da Xunta na elección dun trazado, en virtude do Pacto do Hostal do Reis Católicos.

- Informar á cidadanía que o noso deputado en Madrid, Francisco Jorquera, xa está a facer xestións diante do Ministerio de Fomento neste senso.

-Dende o BNG seguimos a cumprir co noso compromiso de facer chegar a información ós veciñ@s de Bergondo a través da nosa páxina web e a través de asambleias cos afectados.

Adxuntamos planos.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]