O BNG de Bergondo pide de novo seguridade viaria na N-VI
A asemblea local do BNG de Bergondo recorda todas as iniciativas presentadas en Madrid a este respecto
Bergondo, 31 de maio de 2012.- o BNG lamenta o accidente acontecido onte no que se viron implicados un camión e un ciclista e recorda que a inseguridade viaria e os accidentes son constantes e as reclamacións feitas tanto polo BNG coma polos veciños e veciñas están enriba da mesa desde hai anos “ lamentamos o pasotismo do Ministerio de Fomento que sempre atopa disculpas para non ter que executar as obras precisas, o goberno do estado non pode seguir agachándose diante desta grave situación”
O BNG recorda que nestes anos as iniciativas en Madrid foron constantes e que neste exercicio orzamentario presentouse unha enmenda na que se esixían melloras na N-VI “ por suposto o goberno do PP votou en contra”. O BNG quere amosar a súa indignación pola falta de compromiso do goberno central cunha obra moi necesaria e urxente e esixiremos de novo en Madrid “ que se fagan xa as obras de mellora da seguridade viaria”
Cortiñán é un núcleo de poboación de Bergondo cun alto volume de tráfico ao atoparse entre os accesos á autoestrada AP-9 e á autovía A-6, a cinco km de Betanzos e a carón dun polígono industrial. Neste sentido queremos recordar a recollida de sinaturas feita pola veciñanza de Cortiñán e que foron entregadas no Ministerio de Fomento e por suposto recordar tamén “ o traballo intenso que leva feito o BNG todos estes anos para que se fagan as obras. Na última campaña das xerais fíxose unha camiñada reivindicativa na que participou Francisco Jorquera xunto con veciños e veciñas e na que se volveron a pedir as melloras de seguridade viaria”