As obras no Monte da Fame: un despilfarro de cartos públicos
No BNG xa discrepamos no pleno do ano pasado cando se aprobaron as obras no camiño de aceso á Fonte da Virtud, por considerar que os máis de 100.000€ inicialmente consignados iban a tirarse sen solucionar ningún problema e xa naqueles momentos había outras prioridades.
Recentemente certificouse dita obra que finalmente nos costou a todos os veciños e veciñas de Bergondo 61.000€ para asfaltar 40 mtos. do camiño de acceso e cementar 200 mtos. de cuneta en pleno monte da Fame.
Para colmo de falta de ideas e planificación,paralelamente ao remate das obras realizouse unha tala,terreos municipais incluídos,que deixaron dito camiño e cunetas nunhas condicións pésimas,coma se observa nas fotos que se aportan.
Como xa dixemos hai un ano 61.000€ tirados a cambio de asfaltar 40 mtos dun acceso ao monte e sen solucionar nengún problema real da veciñanza.
O BNG ante esto,manifestamos:
1) Este caso pon de manifesto a falta de coñecemento deste goberno das prioridades da veciñanza, e a súa incapacidade para ter un proxecto coherente
2) Mentras mete cemento nos montes,os camiños municipais non se manteñen en boas condicións.
3) Mostra outro problema que este goberno segue incapaz de solucionar,e que é a de dotar de ordenanzas e medios para garantizar que as talas se realicen sen deteriorar camiños ou propiedades veciñais,e que para elo se obteñan os permisos correspondentes e se depositen as correespondentes garantías para asegurarse de que esto se fai. Moito máis grave e isto cando se fai en terreos muncipais.
4) Instamos ao goberno local a que esixa que se repoña o estado orixinal do camiño que impide o acceso de moitos particulares aos seus montes, e que implemente ordenanzas e medios,e as faga cumplir, para talas forestais.