Novas
Guillerme chama en Carballo a concentrar o "voto galego e de esquerdas" no BNG para "non cometer o erro de ir aínda máis á dereita"
"Postos a aforrar, aforremos na asignacion do Estado á Casa Real. Se hai alguén que si ten vivido por enriba das súas posibilidades, ése é Urdangarín" [+]
Hoxe en Carballo mitin central do BNG ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebra hoxe o seu mitin central en Carballo e no que intervirán o Alcalde de Carballo e candidato ao Congreso Evencio Ferrero, do BNG de Laxe Xulia Mira, a Concelleira do BNG na Laracha e membro da Executiva Comarcal Carolina Castiñeiras, o Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vázquez, e o Deputado e candidato ao Congreso Francisco Jorquera.
Xoves, 10 de novembro ás 21:00 horas no Pazo da Cultura
O BNG da Laracha abre a precampaña cun acto sobre os recortes no ensino
A precampaña para as vindeiras eleccións xerais iniciase na Laracha cun acto público acerca dos recortes orzamentarios que o Partido Popular ven efectuando desde que goberna na Xunta de Galiza, especialmente no que son os servizos sociais básicos, e especialmente no ensino público.
No acto interviron o noso portavoz municipal, Xoán M. Sande, a deputada Carme Adán e Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo e candidato ao Congreso polo BNG. [+]
Xuntanza de Francisco Jorquera con representantes de traballadores e traballadoras da Comarca de Bergantiños
Hoxe martes, día 25, o candidato num. 1 do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, estará en Carballo para manter un encontro con varios delegados e delegadas de persoal en Comités de empresa, no que se falara, entre outros asuntos, da situación socio laboral da comarca. No encontro estará acompañado do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e tamén candidato ao Congreso pola provincia.
Este terá lugar no local da CIG en Carballo, na rúa Río Sil, a partir das seis da tarde ( 18:00 horas).
Con anterioridade ao mesmo, Francisco Jorquera, fará unhas declaracións aos medios de comunicación.
Balance do traballo do BNG no Congreso e no Senado na anterior lexislatura
Na comparecencia diante dos medios que se realizou no xardín municipal estivo Francisco Jorquera, Evencio Ferrero, membros do goberno municipal de Carballo e o Portavoz do BNG de A Laracha, Xoán Sande.
Perto dun cento de mozas e mozos participaron nas Xornadas de Verán de Galiza Nova
Perto dun cento de mozas e mozos déronse cita os pasados 23, 24 e 25 de setembro na Comarca de Bergantiños para celebrar as XXIII Xornadas de Galiza Nova.