Novas

  

O BNG de Bergantiños presenta unha campaña contra a reforma laboral e os recortes nos servizos públicos

O BNG repartirá un díptico informativo en todos os concellos da comarca, fará un acto público o día 21 en Carballo e apoiará as mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista. O BNG de Bergantiños fai un chamamento á veciñanza da comarca para que a Folga Xeral convocada pola CIG para o día 29 de marzo sexa un éxito. [+]


O BNG de Bergantiños presentou as iniciativas de cara ao 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

O Responsábel Comarcal do BNG, Xoán M. Sande, e a Vicerresponsábel Comarcal, Mónica Castro, presentaron en rolda de prensa as iniciativas que o BNG levará a cabo en Bergantiños de cara ao 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. [+]


O BNG de Bergantiños elixe novo Consello Comarcal

Xoán Manoel Sande será o novo Responsábel Comarcal e Mónica Castro a Vicerresponsábel Comarcal [+]


Bergantiños estará presente con unha numerosa delegación na XIII Asemblea Nacional do BNG

“A forza que Galiza precisa” é o lema do conclave que terá lugar os próximos días 28 e 29 de xaneiro no recinto feiral de Amio (Santiago de Compostela) [+]


O BNG demanda que a cita telefónica para o médico de cabeceira sexa atendida por persoas e non por unha máquina

O Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa para ser debatida no próximo Pleno da Corporación, para demandar da Xunta de Galiza melloras na atención sanitaria no noso concello. O BNG insta á Xunta do PP a dar marcha atrás nas súas iniciativas privatizadoras e de recortes. Queremos que os veciños e veciñas da Laracha poidan pedir cita para o médico por teléfono, xa que desde a posta en marcha da "Central de Chamadas" para moita xente isto resulta imposíbel. Demandamos que volvan ser traballadoras e traballadores do Sergas os que atendan a cita previa, que se substitúa ao persoal do Centro de Saúde da Laracha e o Consultorio de Caión nas baixas, vacacións e permisos, e tamén que se dote ao Centro de Saúde da Laracha de consultas médicas e servizo de cita previa en horario de tarde, igual que todos os demais concellos de máis de 10.000 habitantes. [+]


25 de novembro, Día da non violencia contra as Mulleres

Dende o BNG E Galiza Nova de Bergantiños e queremos manifestar o noso rexeitamento, neste e calquera día do ano, ao terrorismo machista como é a violencia de xénero, que acaba con máis de 70 mulleres ao ano en todo o Estado Español.

Declaración do BNG no 25 de Novembro, Día da Non Violencia contra as Mulleres [+]