O BNG de Bergantiños elixe novo Consello Comarcal

Novo Consello Comarcal do BNG de Bergantiños

Carballo, 18-02-2012.  A Asemblea Comarcal do BNG de Bergantiños, reunida o pasado venres día 17 de febreiro, aprobou o novo órgano de dirección comarcal. A única candidatura presentada recibiu o apoio dos militantes e das militantes presentes nesta Asemblea Comarcal, e este equipo de persoas será polo tanto o encargado de dirixir a política comarcal do BNG nos próximos anos.

Unha candidatura paritaria e representativa da comarca, encabezada por Xoán Manoel Sande, Portavoz do Grupo Municipal do BNG na Laracha, que será o próximo Responsábel Comarcal.

Este é o Consello Comarcal elixido, ao que se engadirán logo os Responsábeis Locais dos sete concellos de Bergantiños e o Responsábel de Galiza Nova:

Xoán M. Sande Muñiz (Responsábel Comarcal)

Mónica Castro Nogareda (Vicerresponsábel Comarcal) 

Manuel Anxo Pardiñas Rodríguez

Xulia Mira Suárez

Manuel Varela Domínguez

Dores Silveira Sande

Benedicto Viña Costa

María Carmen Ures García

Daniel García Reigía

Lucía Domínguez Rodríguez

O novo Responsábel Comarcal explicou que este equipo de persoas enfrontará o novo príodo con ilusión e con moitas ganas de traballar. Debater, coordinar e dirixir a política do BNG nos sete concellos de Bergantiños, e impulsar o traballo social na comarca, ademais de traballar por recuperar a dinamización das Asembleas Locais, son algunhas das tarefas fundamentais ás que se enfronta este grupo de persoas. Baixo dúas premisas fundamentais, traballo e unidade, este novo Consello Comarcal esforzarase en tratar de recuperar a ilusión da militancia do BNG, e por achegar xente nova e incrementar a base social do nacionalismo en Bergantiños.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]