Xuntanza de Francisco Jorquera con representantes de traballadores e traballadoras da Comarca de Bergantiños

Hoxe martes, día 25, o candidato num. 1 do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, estará en Carballo para manter un encontro con varios delegados e delegadas de persoal en Comités de empresa, no que se falara, entre outros asuntos, da situación socio laboral da comarca. No encontro estará acompañado do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e tamén candidato ao Congreso pola provincia.

Este terá lugar no local da CIG en Carballo, na rúa Río Sil, a partir das seis da tarde ( 18:00 horas).

Con anterioridade ao mesmo, Francisco Jorquera, fará unhas declaracións aos medios de comunicación.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]