Balance do traballo do BNG no Congreso e no Senado na anterior lexislatura
Evencio destacou o traballo dos Deputados e Senador do BNG nas Cortes Xerais tanto na defensa dos intereses de Galicia como dos de Carballo...
Francisco Jorquera lembrou as iniciativas sociais que o BNG realizou nas Cortes xerais para que a crise económica afectara o menos posible a quen menos ten, aínda que sempre se encontrou co rexeitamento frontal do PSOE e do PP. O BNG sempre defendeu unha saída social a crise e pediuse un maior esforzo fiscal a quen máis ten, ademais de apostar por unha banca pública que evitase o espolio do aforro galego tal e como esta a acontecer actualmente coa bancarización das Caixas galegas. O BNG tamén solicitou a reforma hipotecaria para selar a débeda coa entrega da vivenda, mais tamén foi rexeitada de novo polos dous partidos estatais.
Francisco Jorquera lembrou as iniciativas sociais que o BNG realizou nas Cortes xerais para que a crise económica afectara o menos posible a quen menos ten...
Nestes anos, e grazas ao traballo do BNG, Galicia tivo voz e voto no Congreso e no Senado en temas cruciais para a defensa dos sectores produtivos e económicos do Pais ( naval, pesca, agro, comercio, …). Jorquera sinalou a necesidade de que Galicia continúe mantendo o 8% de participación nos investimentos dos Presupostos xerais do Estado para continuar compensando os desaxustes territoriais existentes con respecto a outros zonas do Estado ( dispersión da poboación, envellecemento, …).