Perto dun cento de mozas e mozos participaron nas Xornadas de Verán de Galiza Nova
Asistentes ás XXIII Xornadas de Verán de Galiza Nova no mirador natural do Monte Branco
Logo dun roteiro sobre Alfredo Brañas acompañados de Xan Fraga chegou a agardada charla sobre a reforma da Constitución pactada polo PP e o PSOE e as súas consecuencias, no Pazo da Cultura de Carballo, coa participación da Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
Xornadas de Verán de Galiza Nova na recepción no Concello de Carballo
O día continuou en Cabana de Bergantiños, con diferentes actividades de lecer, desde a práctica do piragüismo, o volei-praia ou o baloncesto ata a visita ao Castro de Borneiro e ao dolmen de Dombate. Para remate visitamos o espazo natural da Lagoa de Traba, onde a historia medieval e natural de Galiza foi a protagonista, para posteriormente achegarnos á localidade da Laracha para desfrutar do concerto do grupo galego Trapallada no Pub D’Antón.
Acto sobre a reforma da Constitución pactada polo PP e o PSOE e as súas consecuencias, no Pazo da Cultura de Carballo, coa participación da Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
Tres intensos días de convivio e actividades que serviron para debater, analizar e poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e natural de Galiza. As Xornadas de Verán volverán o ano que vén noutra comarca e por iso convidamos a todas as mozas e mozos galegos a que vos animedes a asistir.
Acto na Laracha, na Praza que aínda hoxe en día leva por nome "Generalísimo Franco", na memoria das e dos represaliados de 1936 e para esixir a eliminación da simboloxía fascista
En Ponteceso, ao lado da casa natal de Eduardo Pondal e o Río Anllóns que tan ben retratou o bardo na súa obra
Na Igrexa do Couto (Ponteceso) onde está soterrada a familia de Eduardo Pondal.