Fran Gorín toma posesión como concelleiro do BNG en Malpica de Bergantiños

Francisco Xosé Gorín Moreira, novo concelleiro do BNG en Malpica.

07/09/2011.  Francisco Xosé Gorín Moreira, número 3 do BNG nas pasadas eleccións municipais en Malpica de Bergantiños, vén de tomar posesión como concelleiro do BNG.

Francisco Xosé Gorín, militante de Galiza Nova e do propio BNG, de tan só 28 anos, natural da vila oleira de Buño, enfronta así o seu segundo período no salón de plenos, despois da experiencia acumulada, a pesar da súa xuventudes, xa no período anterior, onde compartiu grupo municipal co que fóra portavoz, Roberto García, que vén de anunciar a súa saída da política municipal.

Francisco Xosé Gorín Moreira, na toma de posesión como concelleiro do BNG

O BNG completa así a súa renovación en Malpica de Bergantiños, que se iniciou co paso de Rosario Fernández ao primeiro plano, pois exerceu como portavoz do BNG no salón de sesións dende que este se constituiu o pasado 11 de xuño.

Rosario Fernández, concelleira por primeira vez, e Francisco Xosé Gorín, de tan só 28 anos, inician pois un mandato renovado e no que o BNG traballará a pé de rúa para recoller as demandas da cidadanía.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]