O BNG recolle as propostas plantexadas polo Sector Pesqueiro da Costa da Morte en relación ca Política Pesqueira Común (PCP.)

Xosé Manuel Pose, Olaia F.Davila, Diana Toja, Ana Miranda, Joam L. Ferreiro e Xulia Mira na mesa de traballo onde se analizou a Política Pesqueira Común.

Laxe, 27 de agosto de 2011.  Ana Miranda, Olaia F.Davila, Joam L. Ferreiro, e unha ducia de representantes das entidades relacionadas directa e indirectamente co sector pesqueiro: Confraría de Pescadores de Laxe, Confraría de Pescadores de Camelle, Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA), Asociación de Volanteiros de Galicia (AVOGA), Federación Galega de Redeiras Artesás (O PEIRAO), Asociación de mariscadoras/es de Galicia (AGAMAR), Asociación de Pesca Artesanal (APESAR) e PESCADOS JESÚS PEDREIRA POSE, SL., participaron hoxe na Primeira Mesa de Traballo na defensa do Sector Pesqueiro da Costa da Morte organizada polo BNG de Laxe, co obxectivo principal de elaborar unha proposta común do sector, presentala no Parlamento Europeo así como no Parlamento español e no Parlamento de Galicia.

Logo da exposición do traballo que leva realizando o BNG nos ámbitos europeo, estatal e autonómico realizada por Ana Miranda, Olaia F. Davila e Joam L. Ferreiro con respecto á defensa do Sector Pesqueiro Galego e de recoller o parecer do Sector ao respecto da Política Pesqueira Común, a proposta basearase nos seguintes puntos:

Representantes das entidades relacionadas directa e indirectamente co sector pesqueiro na mesa de traballo durante os debates e aportación de propostas.

· Demandar á Comisión de Pesca Europea que se defina a Pesca Artesanal consensua e directamente co Sector Pesqueiro para que esta actividade pesqueira se incluia na PCP e se trate nela de xeito adecuado segundo a súa definición.

· Solicítar a retirada do sistema de totales admisibles de captura (TACs) e cuotas para a Pesca Artenal

· Reclamar que a lexislación actual se adapte á realidade da actividade pesqueira artesanal e marisqueira no relativo, por unha banda, á relación potencia- motores/eslora en aras dunha maior seguranza para os traballadores e as súas embarcacións e pola outra, ás cuotas de pesca establecidas.

Vista da sala durante o acto da mesa de traballo sobre a Política Pesqueira Común en Laxe o pasado 27 de agosto.

· Requirir un maior control do peixe e marisco importado de Terceiros Países pois estase introducindo no noso mercado con menos, ou ningún, control sanitario respecto do galego, sin etiquetar ou etiquetado como tal.

· Pedir un sistema máis xusto de axudas para a Pesca Artesanal.

· Solicitar que se esixa a trazabilidade das artes e aparellos montados e reparados para acabar co intrusirmo na actividade das redeiras.

· Esixir que, dado que a frota galega representa ao redor dun 80% da frota do estado, unha representación do Sector Pesqueiro Galego que a través do Goberno Autonómico, esté sempre presente, con voz e voto, nos órganos de decisión da Política Pesqueira Común.

Ana Miranda convidou ó Sector a unha segunda mesa de traballo na que se fará seguimento desta proposta e se organizará unha visita, co mesmo, a Bruxelas para defendela alí directamente.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]