Moita xente acudiu á entrega dos Premios Patria e Lingua 2001
Empresas galardoadas co Premios Patria e Lingua 2011
21/07/2011. O BNG de Bergantiños recoñeceu, un ano máis, o traballo de empresas da comarca que fan un uso consciente e normalizado do idioma galego na súa actividade empresarial.
O auditorio do Pazo da Cultura encheuse para aplaudir a estas catro iniciativas emprendedoras comprometidas co idioma e para escoitar as intervencións políticas deste acto enmarcado nas vésperas do Día da Patria.
Carme Adán, Vitor Recarei, portavoces municipais do BNG, representantes das empresas galardoadas en anos anteriores e galardoados cos Premios Patria e Lingua 2011
Carme Adán, deputada do BNG, agradou cun discurso moi emotivo que estivo salpicado de continuas citas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de quen este ano se cumpre o 125 aniversario do seu nacemento.
O BNG, por medio dos seus portavoces municipais, así como representantes das empresas galardoadas en anos anteriores, fixeron entrega dos Premios Patria e Lingua 2011, que desta volta recaeron en A Ventana Café (Laxe) , Perruquería Monse Añón (A Laracha) , A tenda dos libros (Ponteceso) e Moda Infantil Lúa (Carballo).
Vista do acto durante a intervención de Carme Adán