Entrega dos Premios Patria e Lingua 2011

O BNG de Bergantiños, un ano máis, quere recoñecer o traballo de empresas da nosa comarca que se distinguen por un uso normalizado da nosa lingua.

Este ano as empresas agasalladas son catro:

A Ventana Café (Laxe)

A Tenda dos Libros (Ponteceso)

Perruquería Monse Añón (A Laracha)

Lúa (Carballo)

O BNG faralles entrega dun agasallo conmemorativo nun acto público que terá lugar este mércores, 20 de xullo, ás 21 horas, no Pazo da Cultura de Carballo, ao que convidamos a asistir a todas as persoas que apreciedes a nosa lingua e que lle desexedes, coma nós, mil primaveras máis. Este ano contaremos, ademais, coa presenza da deputada Carme Adán.

Estades, pois, convidados/as.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]