O BNG asume o reto de gobernar Carballo en solitario
Constituise a nova corporación de Carballo e elixiuse alcalde a Evencio Ferrero para os vindeiros catro anos.
Evencio Ferrero asume a alcaldía e distribúe, de inmediato, as áreas de goberno, para comezar a traballar dende o primeiro momento
Evencio Ferrero, alcalde de Carballo
Evencio Ferrero, alcalde de Carballo dende o ano 2003 e candidato do BNG, accede á alcaldía por terceira vez consecutiva e despois de obter os mellores resultados do BNG da súa historia, chegando aos 10 concelleiros/as.
Evencio Ferrero compareceu xa diante dos medios de comunicación para presentar a distribución de competencias no seu novo goberno.
O BNG púxose a traballar xa dende o minuto un, e inmediatamente despois de tomar posesión como alcalde nun pleno que comezou ás 12 da mañá coa presenza de numeroso público, Evencio Ferrero compareceu xa diante dos medios de comunicación para presentar a distribución de competencias no seu novo goberno.
Milagres Lantes, tenente de alcalde e responsábel da xestión urbanística
Milagres Lantes, que retornou á primeira plana da política local como número 2 da candidatura do BNG nas pasadas eleccións municipais, asumirá un papel central no novo goberno do BNG.
Milagres Lantes
Luis Lamas, un referente que se consolida
Luis Lamas, un dos concelleiros con máis traxectoria do BNG de Carballo, onde leva participando varios mandatos do grupo municipal, incluídos os oito últimos como parte do goberno, continuará a xestionar as áreas de Obras, Servizos e Medio Rural.
Belén Lendoiro, un cambio de perfil
Luis Lamas
Este próximo mandato Belén Lendoiro farase cargo de novas áreas de xestión dentro do goberno. A súa área comprenderá Facenda, Patrimonio, Festas e Participación Social, polo que se encargará tanto das contas municipais como da xestión dos centros sociais que colaborou a poñer en marcha no seu paso pola concellaría de Cultura.
Belén Lendoiro
Xosé Regueira, que se incorpora por primeira vez ao grupo municipal, asumirá a portavocía do grupo municipal do BNG, e encargarase de todas as áreas de Réxime Interior.
Xosé Regueira
Mar Eirís suma Educación e Cultura
Ao igual que no primeiro mandato do BNG (2003-2007), Educación e Cultura volverán estar baixo a dirección dunha mesma persoa, neste caso a concelleira Mar Eirís, que até agora se viña ocupando soamente da área de Educación dende a súa entrada no goberno no ano 2007.
Mar Eirís
Marcos Trigo leva catro anos no goberno municipal de Carballo á fronte da concellaría de Deportes, onde fixo unha xestión que fixo rendíbel o Padroado Deportivo Municipal por primeira vez na súa historia.
Marcos Trigo
Silvana Castro chega para facerse cargo das políticas de Benestar
Silvana Castro
Xosé Manuel García Guillín continúa á fronte de Promoción Económica
Xosé Manuel García Guillín
María Carmen Regueira xestionará as políticas de sanidade e para a terceira idade
María Carmen Regueira