O BNG consegue que Laxe teña auditoría das súas contas e coñeza a situación real do seu concello

Xosé Manuel Pose, portavoz municipal do BNG de Laxe

Laxe, 18 de xuño de 2011.  O BNG comeza a cumprir os seus compromisos electorais coa veciñanza de Laxe, incluso sen formar parte do goberno municipal. Durante estes días o BNG mantivo unha xuntanza co alcalde da localidade para negociar as condicións do funcionamento do Concello durante este próximo mandato, conversas que continuarán para a próxima semana.

Froito desas conversas e da posición decisiva do BNG no salón de plenos, o alcalde da localidade viuse obrigado a dar cumprimento a unha das condicións fundamentais que o grupo local do BNG puxo enriba da mesa, como xa anunciara durante a campaña electoral: a realización dunha auditoría das contas municipais.

O alcalde de Laxe vén de solicitar oficialmente, tanto do Consello de Contas como da Deputación da Coruña, a realización dun estudo da situación actual das finanzas do municipio, para coñecer a canto ascende realmente a débeda e cales son as posíbeis solucións á parálise na que se atopa o Concello de Laxe.

" o BNG fará un seguimento minucioso da auditoría "O BNG móstrase satisfeito deste primeiro paso adiante, pero seguirá firme até coñecer a realidade da situación do Concello. A auditoría das contas precisará da colaboración do goberno municipal e dos servizos administrativos, e o BNG fará un seguimento minucioso da auditoría para garantir que nel se coñezan todos e cada un dos datos económicos do Concello de Laxe.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]