Bergantiños estará presente con unha numerosa delegación na XIII Asemblea Nacional do BNG

 

21/01/2011. O Consello Nacional do BNG, reunido esta mañá en Teo, deu o seu visto bo ás últimas cuestións (orde do día, ditame das emendas...) previas á celebración da súa XIII Asemblea Nacional, que se desenvolverá na capital do país a próxima fin de semana.

A XIII Asemblea Nacional do BNG será posiblemente a máis concorrida de cantas ten celebrado a fronte patriótica, o que dá boa mostra dos pulos cos que conta o nacionalismo galego, e servirá para definir a liña política do BNG para os próximos anos, unha liña política que estará marcada por un claro rexeitamento ás políticas da dereita que se practican tanto dende o goberno do estado como dende o goberno galego.

“A forza que Galiza precisa”A XIII Asemblea Nacional terá tamén unha mirada posta no proceso das próximas eleccións galegas, que terán lugar este ano ou o vindeiro, e así, ademais da renovación do Consello Nacional do BNG, a militancia da fronte escollerá á persoa que teña que aspirar á presidencia da Xunta de Galiza na próxima cita coas urnas.

Neste escenario clave para o futuro do nacionalismo galego, a comarca de Bergantiños estará moi ben representada en Compostela por máis dun cento de militantes da nosa organización que até o día de hoxe formalizaron a súa inscrición para participar nesta asemblea.

  Información da XIII asemblea ordinaria do BNG

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]