Queremos traballar e non emigrar, berro de Galiza Nova para as vésperas do Día da Clase Traballadora

29/04/2011.  Este venres, 29 de abril, Galiza Nova de Bergantiños, organización das mocidades do BNG, realizou en Carballo un acto simbólico, en consonancia co que se está a facer noutras vilas e cidades do país, para amosar o rexeitamento ás políticas que fan que a mocidade non teña futuro na nosa terra e teña que emigrar.

Pablo Vázquez, responsábel comarcal de Galiza Nova de Bergantiños, e Lucía Vecino, membro da Dirección Comarcal, depositaron diante das oficinas do INEM en Carballo varias “maletas”, baixo o argumento que tamén servía de sublema á campaña “quedade vós coas maletas, non queremos emigrar, queremos traballar”.

“Estamos fartxs, queremos emprego”As maletas lucían lemas como “Estamos fartxs, queremos emprego!”, “Non queremos emigrar, queremos traballar”, “Temos dereito a un emprego digno no noso país”, “Quedade vós coas maletas” ou “Queremos traballar e non emigrar”.

Galiza Nova desenvolve durante estes días, nas vésperas do día da clase obreira, unha campaña por todo o país en defensa do emprego para a mocidade e fronte á alternativa que nos ofrecen a emigración como unha saída. A campaña ten o seu manifesto na rede:

http://www.estamosfartxsqueremosemprego.info/

Galiza Nova, así como o BNG, convidan á sociedade a respaldar este domingo, primeiro de maio, as mobilizacións convocadas en todas as cidades do país polo sindicato nacionalista CIG.

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]