Francisco Jorquera visitou as obras do mercado carballés e coñeceu o proxecto de Biblioteca Comarcal

Evencio Ferrero amosou a maqueta da nova Biblioteca Comarcal a Francisco Jorquera .

 23/11/2010. Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso, visitou Carballo este sábado para coñecer os proxectos que van ser financiados con fondos do Estado grazas ao seu traballo parlamentario.

O deputado do BNG foi recibido no Concello de Carballo polo seu alcalde, Evencio Ferrero, quen lle amosou a maqueta da nova Biblioteca Comarcal e lle explicou a xénese do proxecto e as funcionalidades coas que contará este edificio.

Francisco Jorquera visitou as obras do Mercado Municipal.

Despois, Francisco Jorquera visitou as obras do Mercado Municipal, que xa están moi avanzadas, e que no ano vindeiro se complementarán con novos investimentos do Estado, novamente grazas ao traballo parlamentario do BNG.

Podes ver as declaracións de Francisco Jorquera en Carballo sobre os orzamentos do Estado e as emendas do BNG nestes vídeos.

20/11/2010. Na súa visita a Carballo, Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso, valora a utilidade da representación do BNG.

 

20/11/2010. Na súa visita a Carballo, Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso, valora os orzamentos do Estado e as emendas aprobadas ao BNG.

 

 

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]