BNG 20-N: Mitin nacional en Carballo.
O Alcalde de Carballo e candidato ao Congreso, Evencio Ferrero incide en que "máis nacionalismo significa mellor defens dos dereitos sociais e laborais". Jorquera lembra que "o BNG é o que se acorda da xente, porque unha vez elixidos, os deputados do PP e do PSOE esquécense de Galiza até as próximas eleccións". Guillerme demanda recortar os gastos da Casa Real e lembra que "o de que a dereita xestiona mellor os recursos públicos é un mito, xestiónaos ben pero para os seus".