O BNG critica a privatización das infraestruturas públicas, método aplicado agora á autovía da Costa da Morte
19/10/2010. O BNG vén dar unha rolda de prensa para fixar a súa postura no debate aberto sobre a autovía Carballo-Berdoias.
Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG, compareceu en Carballo xunto aos máximos responsábeis orgánicos do BNG en Bergantiños (Vítor Recarei, responsábel comarcal) e a Costa da Morte (Óscar Ínsua, responsábel de organización) e aos alcaldes de Carballo (Evencio Ferrero) e Zas (Manuel Muiño).
O BNG puxo sobre da mesa a súa crítica ao modelo de financiamento escollido para executar a obra, baseada nunha peaxe na sombra que, como alertou Carlos Aymerich, en calquera momento pode saír ao sol, tal e como está acontecendo agora en Portugal ou como xa pasou coa vía A Coruña-Carballo.
Carlos Aymerich tamén lamentou que estean nunha disputa procedimental (concursos, suspensión de concursos, recursos...) e na defensa dos intereses das diferentes empresas, no canto de centrarse nos dous obxectivos principais: que a autovía se constrúa canto antes e que se trate dunha vía libre de calquera tipo de peaxes.
Podes ver un extracto da rolda de prensa nestes vídeos.