Voceiro do Bloque de Ponteceso, Abril do 2010.

 SUMARIO:

-Cos cartos para a luz pagan as reparacións de obras.

Debido á mala xestión económica, as obrigas herdadas de anos anteriores son moitas e, para pagalas, o goberno municipal utiliza diñeiro destinado a outras necesidades que quedan sen atender.

-O labor deste goberno resulta sobresaínte en opacidade.

Ao comezo deste mandato, o alcalde impuxo a celebración dos plenos os luns ás nove da maña, hora laborábel e que impide aos veciños e veciñas iren como público. O BNG presentou numerosas iniciativas demandando o cambio de hora para facilitar a asistencia de público, pero non se tiveron en conta nin por parte do alcalde nin do PP.

-Solución para a estrada que une Lestemoño con Carballido e Brantua.

O alcalde comprometeuse no último pleno a arranxar a estrada que une Lestemoño con Carballido e Brantuas, problema xa endémico que sofren os veciños e veciñas da parroquia da Graña. O BNG levou en reiteradas ocasións este tema ante o alcalde e a corporación para que se lle desen unha solución.

-A chegada do PP á Xunta provocou un retroceso nas políticas públicas un atentado no labor contra a discriminación de xénero.

A concelleira de Ponteceso e responsábel de Muller do BNG na comarca de Bergantiños, María Nieves Suárez, foi a encargada de ler o manifesto no acto que o BNG de Bergantiños celebrou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

-As asociacións precisan de axudas para enfrontarse á xestión administrativa.

O BNG de Ponteceso comezou a pulsar as visións que as asociacións teñen sobre a realidade do concello. Fasponte, na voz do seu presidente Xerardo Blanco, opina que ‘as asociacións do rural nos enfrontamos todas aos mesmos problemas. Unha das maiores dificultades é a de enfrontarse aos atrancos administrativos para obter axudas económicas e sen axuda externa por parte de profesionais, sen asesoramento, sen formación, moitas veces se corre o risco incluso de perder as subvencións e non poder levar a cabo as actividades’.

-A nova caixa non ten que ser nin do norte nin do sur, ten que ser unha gran caixa para o conxunto de Galiza.

O BNG defende a integración das dúas caixas “nunha gran caixa ao servizo do País, de forma que se asegure a súa galeguidade e o compromiso cos intereses dos galegos e galegas, tanto na súa obra social como na política crediticia e de investimentos, de acordo co estabelecido na Lei de Caixas de Galiza”.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]