Un novo voceiro para informar aos veciños e veciñas de Ponteceso, Ponteceso nº 2, febreiro do 2010
O alcalde debe dimitir como presidente da Fundación Eduardo Pondal abre o novo voceiro que o BNG de Ponteceso elaborou, pubricou e distribúe neste mes de marzo no concello. Evidenciamos a incoherencia do alcalde ao ser presidente dunha institución que ten como obxectivo principal a defensa da cultura e da língua galega, e a súa postura como alcalde de non rexeitar un decreto contra o galego no ensino que trata á língua do país como unha língua de segunda. Outros temas tratados no voceiro son dúas iniciativas do BNG no concello, unha sobre o fondo estatal para crear emprego e outra sobre a reclamación dunha homenaxe ás vitimas do mar en Corme. Tamén expoñemos o esquecemento do goberno das demandas polo segundo médico de Corme, un artigo sobre a carta que recibiron os veciños de Ponteceso sobre as fendas nas súas vivendas que fai pensar que o equipo de goberno está a argallar como desentenderse do tema, e finalmente a postura do BNG sobre o decreto contra o galego no ensino. Xa estamos a traballar nun novo voceiro que esperamos ter na rúa para primeiros de abril.