O BNG solicita documentación sobre o novo PXOU da Guarda

O BNG ten claro que a aprobación dun novo PXOU é unha necesidade e unha prioridade para o pobo da Guarda. Agora ben, o documento que se pretende aprobar debe ser coñecido, analizado polo conxunto das forzas políticas e deberá ter en conta as aportacións dos diferentes sectores da sociedade guardesa.

 O BNG EN TUI DENUNCIA O ENGANO DO PP AOS VECIÑOS DE AREAS RESPECTO DO VAC TUI-A GUARDA

A Deputada do BNG, Carme Adán, lamentou que a existencia dun acordo no Parlamento galego, as demandas dos veciños e mesmo a recollida de sinaturas para reclamar un novo trazado, non resulten suficientes para que a Xunta non mude de postura e pretenda construír o novo acceso ao polígono industrial que ninguén apoia.

 O BNG no Rosal lamenta que se utilice a Axente de Desenvolvemento Local para facilitar a emigración pero non para xerar emprego no concello

O voceiro nacionalista no concello do Rosal, Alberte Alonso Pereira, lembra que cando o PP aprobou os orzamentos deste ano, xa criticara o feito que non se destinara un só euro para desenvolvemento local. Agora, indica, o Alcalde da unha mostra máis da súa falla de ideas, utilizando a ADEL para recoller curriculums de persoas para unha empresa que, supostamente, vailles dar traballo en Alemaña.

GUILLERME ACUSA A RAJOY E FEIJOO DE “ESTAS DE COSTAS AOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES” MENTRES PERMITEN QUE OS EX-DIRECTIVOS DAS CAIXAS SE LEVEN CANTIDADES MILLONARIAS

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe a Feijoo e a Rajoy de “mirar para outro lado e estar de costas ás persoas estafadas polas participacións preferentes” ao tempo que permiten que os ex-directivos das caixas galegas se leven cantidades multimillonarias en concepto de indemnizacións.

Guillerme reuniuse esta mañá en Tomiño nun concorrido acto organizado polo BNG con persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes. No acto tamén inteviron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán.  [...]

teletipos

tele bng