Novas

  

O BNG presenta unha moción sobre o Ferry A Guarda-Caminha


O BNG considera que o servizo de ferry entre A Guarda e Caminha non pode estar constantemente pendente dun fío con solucións parciais. Cumpre que as administracións públicas adquiran un compromiso firme en atopar unha solución definitiva para manter o servizo do ferry e facéndoo compatíbel con outras actividades do río, especialmente a dos pescadores.

O BNG sempre se mantivo como obxectivo prioritario atopar unha solución final, considerando que hai que abordar o río como unha cuestión integral coas diferentes actividades que nel se realizan. Non so hai que tratar o dragado, hai que examinar a conveniencia e posibilidade de utilizar un novo tipo de embarcación que sexa menos agresiva co medio e máis barata no seu mantemento. [+]


O BNG esixe un compromiso firme do Goberno español co ferry A Guarda-Caminha

O Bloque Nacionalista Galego ve con preocupación as declaracións que aparecen en prensa nas que se fala da necesidade dun dragado maior para evitar a paralización do ferry A Guarda-Caminha.
O BNG xa manifestou no seu momento que había que tratar unha solución definitiva e non de parches como o último dragado que agora se amosa insuficiente para manter o servizo do ferry.
“Para o BNG é incomprensíbel que un dragado que custou tantos cartos dure apenas uns meses, alguén ten que dar explicacións sobre como se fixo este dragado”, comentou Xan Lois Lomba Portavoz municipal do BNG na Guarda. [+]


O BNG esixe a devolución do diñeiro aos afectados polas participacións preferentes

O BNG está presentando mocións en todos os Concellos do Baixo-Miño para demandar da Xunta de Galiza, do goberno do Estado, do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores que exerzan as potestades que ostentan sobre as entidades financieras e se lles devolvan aos afectados os investimentos realizados.
Os nacionalistas tamén esixen a depuración de responsabilidades dos executivos que impulsaron e cometeron o fraude masivo aos pequenos aforradores. [+]


O BNG do Rosal presenta unha proposta na que solicita a devolución do diñeiro aos afectados polas participacións preferentes

Os nacionalistas indican que son moitas as persoas do Rosal -e centos de galegos-, que aconsellados polos directores de entidades financeiras das que eran clientes, investiron os seus aforros en instrumentos financeiros complexos e opacos, que agora están a denunciar. [+]


O BNG na Guarda elixe a Merchi Martínez como nova Responsábel local

A dirección local, renovada e ampliada, afronta esta nova andaina co compromiso e a ilusión de afortalar e ampliar a organización na localidade, para dar unha resposta política ás necesidades polas que está a pasar o pobo da Guarda, ante un goberno municipal sen ideas e sen proxecto político. [+]


O BNG califica os orzamentos da Guarda carentes de ideas para afrontar a crise económica

O BNG xustificou o seu voto en contra ante uns orzamentos que considera inflados,  que non axudan á promoción do emprego e baleiros de proxecto político.
Para o BNG os orzamentos teñen unhas previsións de ingresos co cobro de impostos e taxas como a do IVTM, ICIO ou a da auga..., demasiado optimistas e pouco realistas. Dende o BNG vemos moi difícil que se chegue a recadar tantos cartos, dando como resultado uns orzamentos inflados. [+]