Novas

  

O BNG denuncia o peche da oficina de turismo de Tui.

Non se pode dar esta imaxe de abandono, cando un turista chega a Tui, non ten un punto onde recibir información ou coñecer qué lugares pode visitar. No día de hoxe, trala observación durante unha hora, máis de 10 persoas e grupos diferentes se achegaron, ollaron cara ó interior e marcharon. [+]


O BNG denuncia en Tui a propagandística e fraudulenta presentación do PECH por parte do Alcalde de Tui

O día 28 de marzo aparecía en medios de comunicación o anuncio por parte do Concello da “Presentación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui… cuxa aprobación inicial adoptou a Xunta de Goberno Local o pasado 22 de marzo de 2012”.
O BNG de Tui desexa manifestar o seu profundo malestar ante esta noticia [+]


O BNG chama a participar na Folga Xeral do 29 de marzo

A reforma para o único que vai servir e para baixar salarios e para abaratar aínda maís o despido de traballadores e traballadoras. Eso é malo para todos, para os traballadores e traballadoras, pero tamén para os autónomos e pequenas empresas que se verán afectados pola baixa do consumo. Estamos diante dun retroceso brutal de dereitos para que a gran patronal aumente os seus benficios a conta do empobrecemento da inmensa maioría da sociedade.” [+]


DAVILA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN PARA QUE SE ADOPTE UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA PARA GARANTIR O SERVIZO DO FERRY ENTRE CAMINHA E A GUARDA

A deputada do BNG insta ao Goberno a estudar, conxuntamente coas administracións implicadas, unha solución definitiva ao problema da constante acumulación de áridos na desembocadura do río Miño que impide a navegabilidade do ferry e prexudica á fauna piscícola [+]


O BNG de Tui rexeita a privatización da Escola Infantil de Tui e esixe saber exactamente a data da súa apertura

O BNG leva polo menos dende o ano 2005 reclamando unha escola infantil pública para Tui. Durante o Goberno do Bipartito o BNG insistiu moito na creación da Galescola xa que a Xunta de Galiza ofrecíase no ano 2008 a asumir o 80% do gasto total da construción e da xestión deste servizo público tan importante para a conciliación da vida laboral e familiar dos e das tudenses. A incompetencia do Partido Popular provocou a perda de tan importante oportunidade. [+]


O BNG creclama á Xunta apoio xurídico na Guarda para os afectados polas “participacións preferentes”

O BNG considera que a Xunta de Galiza ten que ter unha implicación máis profunda na solución das chamadas “participacións preferentes”, nas que veciños e veciñas da Guarda están afectados pola comercialización irregular.

Así acordouse que a oficina de Consumo do concello da Guarda axudará a tramitar as denuncias que realizen os afectados, polo que o BNG considera imprescindíbel que teña un apoio xurídico para poder vehiculizar mellor as denuncias. [+]