Novas
GUILLERME ACUSA A RAJOY E FEIJOO DE “ESTAS DE COSTAS AOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES” MENTRES PERMITEN QUE OS EX-DIRECTIVOS DAS CAIXAS SE LEVEN CANTIDADES MILLONARIAS
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe a Feijoo e a Rajoy de “mirar para outro lado e estar de costas ás persoas estafadas polas participacións preferentes” ao tempo que permiten que os ex-directivos das caixas galegas se leven cantidades multimillonarias en concepto de indemnizacións.
Guillerme reuniuse esta mañá en Tomiño nun concorrido acto organizado polo BNG con persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes. No acto tamén inteviron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán. [+]
O BNG solicita documentación sobre o novo PXOU da Guarda
O BNG ten claro que a aprobación dun novo PXOU é unha necesidade e unha prioridade para o pobo da Guarda. Agora ben, o documento que se pretende aprobar debe ser coñecido, analizado polo conxunto das forzas políticas e deberá ter en conta as aportacións dos diferentes sectores da sociedade guardesa. [+]
O BNG EN TUI DENUNCIA O ENGANO DO PP AOS VECIÑOS DE AREAS RESPECTO DO VAC TUI-A GUARDA
A Deputada do BNG, Carme Adán, lamentou que a existencia dun acordo no Parlamento galego, as demandas dos veciños e mesmo a recollida de sinaturas para reclamar un novo trazado, non resulten suficientes para que a Xunta non mude de postura e pretenda construír o novo acceso ao polígono industrial que ninguén apoia. [+]
O BNG no Rosal lamenta que se utilice a Axente de Desenvolvemento Local para facilitar a emigración pero non para xerar emprego no concello
O voceiro nacionalista no concello do Rosal, Alberte Alonso Pereira, lembra que cando o PP aprobou os orzamentos deste ano, xa criticara o feito que non se destinara un só euro para desenvolvemento local. Agora, indica, o Alcalde da unha mostra máis da súa falla de ideas, utilizando a ADEL para recoller curriculums de persoas para unha empresa que, supostamente, vailles dar traballo en Alemaña. [+]
O BNG reuníuse na Guarda con persoas afectadas polas participacións preferentes
"A solución a este problema é política. Os mesmos que no seu momento autorizaron este producto financeiro terán agora que aportar unha solución ás familias que non poden recuperar os seus aforros" dixo Henrique Viéitez
Na charla animóuse ás persoas afectadas a seguir mobilizándose: "Hoxe aparecen en todos os medios de comunicación e ese é un éxito de todas e todos vostedes, de non terse mobilizado este problema non existiría para o goberno" [+]
O alcalde da Guarda négase a condenar a humillación recibida por unha veciña de Camposancos
O Bloque Nacionalista Galego denunciou en pleno o que considera un abuso de poder por parte da Entidade Local Menor de Camposancos. Diante destes feitos o Alcalde da Guarda evitou condealos publicamente. [+]