O BNG denuncia o peche da oficina de turismo de Tui.

O BNG de Tui quere facerlles ver ós cidadáns a través dos medios de comunicación cómo o Goberno Municipal de Tui encabezado polo Sr Moisés Rodríguez amosa a súa incapacidade de xestión e a máis absoluta inoperancia nun eido tan importante como o do turismo.
A ridícula casetiña de madeira sita na Corredoira está pechada cando a afluencia de visitantes está sendo bastante notable nestes días e seguramente aumentará coa Semana Santa.
Non se pode dar esta imaxe de abandono, cando un turista chega a Tui, non ten un punto onde recibir información ou coñecer qué lugares pode visitar. No día de hoxe, trala observación durante unha hora, máis de 10 persoas e grupos diferentes se achegaron, ollaron cara ó interior e marcharon.
A debacle na xestión é grandilocuente, a inexistenza de xestión no eido do turismo é alarmante e por iso desde o BNG esiximos a inmediata apertura da Oficina de Turismo para que os que nos visitan se leven unha mellor impresión da nosa cidade.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]