O BNG denuncia en Tui a propagandística e fraudulenta presentación do PECH por parte do Alcalde de Tui

Tui, 2 abril 2012.- O día 28 de marzo aparecía en medios de comunicación o anuncio por parte do Concello da “Presentación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui… cuxa aprobación inicial adoptou a Xunta de Goberno Local o pasado 22 de marzo de 2012”.
O BNG de Tui desexa manifestar o seu profundo malestar ante esta noticia por varias razóns:
1) O Anteproxecto do PECH xa fora presentado polo PP hai meses en Área Panorámica polo que de repetir esta presentación o BNG so pode avaliar este acto como de propaganda superflua do PP antes das Festas de San Telmo para xustificar que están a traballar… cousa que non sucede respecto deste anteproxecto parado durante meses.
2) Si o que se pretendía era facer crer aos veciños e veciñas de Tui que o PECH xa está definitivamente aprobado, a información é fraudulenta porque este anteproxecto ten que pasar unha serie de procedementos legalmente establecidos ate a súa aprobación definitiva por parte da Corporación municipal en Pleno: 17 concelleiros de varias formacións políticas, non soamente dos nove do PP.
3) No Pleno celebrado o día anterior preguntouse explicitamente ate por dúas ocasións cando se ía a convocar a Comisión do PECH, legalmente creada para debater entre todos os concelleiros o devandito Anteproxecto, facer aportacións e emendas durante dous meses ate a súa aprobación definitiva polo Pleno da Corporación. A estes requirimentos Moisés Rodríguez contestou que por problemas administrativos aínda non se tiña convocado tal Comisión pero que en breve se nos daría noticia do inicio das reunións… É obvio que o Alcalde de Tui mentiulle aos concelleiros xa que ao día seguinte deste Pleno aparecía en prensa a presentación do Documento.
4) O BNG rexeita profundamente esta falta de respecto institucional presentando ante a prensa un documento sen ter sido nin sequera convocada a Comisión do PECH, a pesar de que o BNG o tiña solicitado en varias ocasións por escrito e verbalmente no Pleno.
5) O BNG denuncia a actitude prepotente dun goberno que demostra, día tras día, crer que a súa maioría absoluta serve para prescindir das mínimas regras institucionais dun goberno democrático onde se respecten aos grupos da oposición e aos veciños e veciñas que os votaron: a obriga de calquera goberno é gobernar para todos e todas e respectar aos concelleiros e concelleiras da Corporación.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]