O BNG chama a participar na Folga Xeral do 29 de marzo

Baixo Miño 25 marzo 2012.- O BNG realizou este sábado na Guarda un reparto masivo de información sobre os efectos da Reforma Laboral no mercado da localidade. Ademais dos Concelleiros e militantes da localidade participou no reparto o responsábel comarcal do BNG Xosé Manuel Méndez quen afirmou que “a reforma non se fai para criar emprego. A reforma para o único que vai servir e para baixar salarios e para abaratar aínda maís o despido de traballadores e traballadoras. Eso é malo para todos, para os traballadores e traballadoras, pero tamén para os autónomos e pequenas empresas que se verán afectados pola baixa do consumo. Estamos diante dun retroceso brutal de dereitos para que a gran patronal aumente os seus benficios a conta do empobrecemento da inmensa maioría da sociedade.”

O portavoz do BNG da Guarda, Xan Lois Lomba pola súa parte fixo un chamamento ao pobo da Guarda para que participe na folga do día 29 e dixo “tanto maís tardemos en reacionar maís nos machacaran. E vital para todos e todas que a folga do 29 sexa un éxito rotundo para paralizar as medidas regresivas do goberno”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]