DAVILA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN PARA QUE SE ADOPTE UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA PARA GARANTIR O SERVIZO DO FERRY ENTRE CAMINHA E A GUARDA

A deputada do BNG insta ao Goberno a estudar, conxuntamente coas administracións implicadas, unha solución definitiva ao problema da constante acumulación de áridos na desembocadura do río Miño que impide a navegabilidade do ferry e prexudica á fauna piscícola


Madrid, 22 Marzo 2012. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na Cámara na que empraza ao Goberno a adoptar unha solución definitiva para garantir o servizo de ferry entre A Guarda e Camina, unha solución que sexa respetuosa co medio ambiente e co ecosistema.

A deputada do BNG insta ao Executivo a realizar unha actuación de dragaxe puntual na canle de navegación transfronteiriza A Guarda-Camina a fin de evitar que se suspenda este necesario servizo a curto prazo. Con vistas ao futuro, Davila pide ao Goberno que estude, conxuntamente coas administracións implicadas (Xunta, Goberno portugués e UE) unha solución definitiva ao problema da constante acumulación de áridos e sedimentos na desembocadura do río Miño que impide a navegabilidade do ferry e prexudica á fauna piscícola da zona.


Un servizo necesario


Davila salienta que actuación realizada en novembro de 2011, foi insuficiente e parcial, e que “en marzo deste ano volveron a saltar as alarmas porque de novo o servizo de ferry está en perigo debido a que a actuación levada a cabo non foi suficiente. Precísase unha solución firme quen on ameace continuamente o servizo”.


O BNG considera, afirma a parlamentar nacionalista, que o servizo do ferry “non pode estar constantemente sometido a solucións parciais, e é o momento de que as distintas administracións implicadas adquiran un compromiso que asegure o mantemento do ferry”.


Davila tamén pón de manifeseto que “nunca se entendeu que se abrise unha canle artifical para o ferry cando na zona existe unha canle natural pola que podía facer a súa travesía”.

Recalca a importanza deste servizo que é utilizado por unhas 200.000 persoas e uns 30.000 vehículos ao ano.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]