Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais

17 de febreiro de 2011.- Este sábado 19 de febreiro terá lugar o Acto Público de Presentación da Candidatura do BNG ás eleccións municipais, será ás 21:00 horas no restaurante O Lagar. O BNG propón como candidata á alcaldía da Pobra a Rosana Pérez Fernández, actual portavoz municipal e deputada provincial. Contaremos coa presenza de Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG.

 O BNG reclama o inmediato arranxo dunha varanda no lugar da Crocha

10 de febreiro do 2011.- Hoxe a responsábel local do BNG da Pobra e concelleira, Cristina Andrade, acompañada polo tamén concelleiro Xosé Lois Piñeiro desprazáronse ata o lugar da Crocha, onde convocaron unha rolda de prensa co obxectivo de denunciar a desidia do goberno municipal á hora de arranxar unha varanda. Trátase dunha obra mínima, pero as veciñas e veciños tiveron que recurrir unha vez máis ao BNG para solucionar os seus problemas.

 Rosana Pérez solicitou o cambio de data do pleno para contribuir a facilitar o exercicio da folga o vindeiro día 27

20 de xaneiro de 2011.- O vindeiro 27 de xaneiro está convocada unha folga xeral en contra da reforma das pensións. Rosana Pérez, a nosa portavoz municipal ven de presentar un escrito no concello solicitando o cambio de data do mesmo para contribuír a facilitar o exercicio da folga a todos e todas aquelas que a queiran secundar. O BNG insta a secundar a folga e a participar activamente nas manifestacións convocadas pola CIG en todas as cidades do País.

O BNG reclama o necesario mantemento dos parques infantís do concello.

18 de marzo do 2011.- Hoxe estiveron os concelleiros Xosé Manuel Casal e Xosé Lois Piñeiro, acompañados por Ana Rosa López, membro da asemblea local do BNG e que forma parte da candidatura ás eleccións municipais, no parque infantil de Venecia, denunciando a situación de abandono na que se atopa, co risco que isto supón para a integridade dos nenos e nenas que o empregan habitualmente.  [...]

teletipos

  • O BNG celebrou un acto político con motivo do desmantelamento do ensino público que está levando a cabo o goberno do PP [...]

tele bng