Novas

  

Rosana Pérez comunicoulles aos veciños e veciñas da Tomada que a Deputación subvencionará o arranxo da estrada principal da aldea

Xoves 1 de outubro do 2009.- A nosa portavoz municipal e deputada provincial, Rosana Pérez Fernández, desprazouse ata a Tomada para entrevistarse cos veciños e veciñas da zona e comunicarlles que a Deputación da Coruña aportará 12000 euros para o arranxo da pista da aldea, logo de que o BNG presentará sen éxito varias iniciativas no concello e anos despois de que a veciñanza comezase a reclamar esta actuación. [+]


O BNG demanda nunha moción que SOGAMA manteña o servizo de recollida de residuos voluminosos

24 de setembro de 2009.- Esta moción que o BNG está a presentar en todos os concellos de Galiza, levouna ao pleno o concelleiro Xosé Lois Piñeiro. Logo de que SOGAMA decidise unilateralmente deixar de recoller os residuos voluminosos, nós reclamamos que se retracte e manteña este servizo en todos os municipios galegos. [+]


O BNG presenta unha moción sobre o bono social relativo á tarifa eléctrica

24 de setembro do 2009.- O concelleiro Manel Casal presentou esta moción ao pleno da corporación. Nela solicita que o concello inste ao goberno do estado a ampliar este servizo a todos os usuarios-as e que se apliquen os prazos establecidos pola normativa. [+]


Solicitamos o acondicionamento de varias pistas na parroquia do Xobre

24 de setembro do 2009.- O concellal Severino Romero presentou no pleno do mes de setembro esta moción, coa intención de que se incluiran no POS da Deputación Provincial da Coruña o arranxo de pistas nos seguintes lugares da parroquia do Xobre: Areos, Garita e Costa. [+]


O BNG presentou catro mocións no pleno de setembro

24 de setembro do 2009.- O xoves 24 de setembro celebrouse o pleno da corporación municipal no concello da Pobra, o goberno do Partido Popular votou en contra, e polo tanto impediu a súa aprobación, de todas as moción presentadas pola oposición. Catro eran do BNG e referíanse todas elas a cuestións de grande interese para os veciños e veciñas da Pobra. O PP demostra unha vez máis un desprezo absoluto polas institucións públicas e pola democracia, entenden esta únicamente como un exercizo de sufraxio a realizar cada catro anos únicamente para concederlles o poder. Non comprenden o valor do debate e da exposición de ideas e polo tanto non son capaces de chegar a ningún tipo de acordo. Todo isto en contra dos intereses da cidadanía. [+]


Unha vez máis o BNG reclama importantes melloras para a zona da Covecha

28 de xullo de 2009.- Hoxe o BNG presentou á prensa unha nova moción reclamando unha maior atención á zona da Covecha, concretamente á Rúa Tetuán. Ata alí desprazouse a portavoz municipal Rosana Pérez Fernández, acompañada polos concelleiros Xosé Manuel Casal e Xosé Lois Piñeiro. A moción debatirase no vindeiro pleno, o xoves 30 de xullo. [+]