Novas
O BNG denuncia que o lavadoiro da Banda fai máis dun ano que non funciona.
24 de marzo de 2011.- Unha vez máis veciños e veciñas da parroquia de Santa Cruz neste caso, dirixíronse ao BNG para tratar de atopar solución a unha situación de abandono causada polo desleixo do actual goberno do PP. Os concellais Xosé Manuel Casal e Xosé Lois Piñeiro explicaron diante dos medios de comunicación o estado no que se atopa este rincón de singular beleza e as consecuencias que ten para as persoas usuarias deste lavadoiro. De novo tratase dunha actuación que require un esforzo mínimo por parte do concello, tanto económico como de persoal, pero a deixadez do Partido Popular fai que unha vez máis a veciñanza recurra ao BNG. [+]
O BNG reclama o necesario mantemento dos parques infantís do concello.
18 de marzo do 2011.- Hoxe estiveron os concelleiros Xosé Manuel Casal e Xosé Lois Piñeiro, acompañados por Ana Rosa López, membro da asemblea local do BNG e que forma parte da candidatura ás eleccións municipais, no parque infantil de Venecia, denunciando a situación de abandono na que se atopa, co risco que isto supón para a integridade dos nenos e nenas que o empregan habitualmente. [+]
Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais
17 de febreiro de 2011.- Este sábado 19 de febreiro terá lugar o Acto Público de Presentación da Candidatura do BNG ás eleccións municipais, será ás 21:00 horas no restaurante O Lagar. O BNG propón como candidata á alcaldía da Pobra a Rosana Pérez Fernández, actual portavoz municipal e deputada provincial. Contaremos coa presenza de Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG. [+]
O BNG reclama o inmediato arranxo dunha varanda no lugar da Crocha
10 de febreiro do 2011.- Hoxe a responsábel local do BNG da Pobra e concelleira, Cristina Andrade, acompañada polo tamén concelleiro Xosé Lois Piñeiro desprazáronse ata o lugar da Crocha, onde convocaron unha rolda de prensa co obxectivo de denunciar a desidia do goberno municipal á hora de arranxar unha varanda. Trátase dunha obra mínima, pero as veciñas e veciños tiveron que recurrir unha vez máis ao BNG para solucionar os seus problemas. [+]
Rosana Pérez solicitou o cambio de data do pleno para contribuir a facilitar o exercicio da folga o vindeiro día 27
20 de xaneiro de 2011.- O vindeiro 27 de xaneiro está convocada unha folga xeral en contra da reforma das pensións. Rosana Pérez, a nosa portavoz municipal ven de presentar un escrito no concello solicitando o cambio de data do mesmo para contribuír a facilitar o exercicio da folga a todos e todas aquelas que a queiran secundar. O BNG insta a secundar a folga e a participar activamente nas manifestacións convocadas pola CIG en todas as cidades do País. [+]
O BNG convocou unha rolda de prensa para valorar a nova páxina web municipal.
19 de xaneiro de 2011.- A responsábel local do BNG e concelleira, Cristina Andrade, acompañada polos concelleiros Xosé Manuel Casal e Xosé Lois Piñeiro, dou unha rolda de prensa na que explicou a posición do BNG ao respecto da nova páxina web do concello. Calificou de escándalo o uso partidista que o PP lle está a dar entrando a criticar abertamente un voceiro do BNG. Tamén valorou negativamente a non existencia da páxina de espazos para a participación cidadá (foro, libro de visitas, etc.). [+]